Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular no Senado pedirá a Interior a mellora dos servizos para obter documentos de identidade persoal en Valdeorras

Imprimir ppou - 20-Marzo-2018 - 18:38:41 


• O senador ourensán Avelino García formulará esta proposta en comisión para evitar que, como pide o PSOE,  a posible implantación dunha oficina de carácter permanente no Barco provoque o peche do servizo que na actualidade tamén se presta na Rúa.

Ourense, 20 de marzo de 2018.- O grupo popular no Senado proporá ao Ministerio do Interior a mellora dos servizos para a obtención de documentos de identificación persoal, tanto para españois como para estranxeiros, na comarca de Valdeorras, así como tamén no equipo móvil da provincia de Ourense que permite atender a enfermos, persoas da terceira idade ou calquera outro veciño con problemas de mobilidade ou grao de discapacidade.

O senador ourensán, Avelino García, encargado de defender esta proposta na Comisión de Interior  prevista para o xoves, 22 de marzo,  entende que “a sensatez e o sentido común e mellorar obviamente as infraestruturas nesta comarca pero preservando os mellores intereses para os municipios da área”.

Avelino García responde así á petición por parte do Partido Socialista de solicitar unha oficina de carácter permanente no Barco, “para que non se provoque o peche do servizo de solicitude ou renovación de  doumentos de  identidade que na actualidade préstase na Rúa”.

García insta á formación socialista no Senado a que aplique a sensatez e se establezan pasos firmes para mellorar os procedementos de obtención da documentación necesaria para estranxeiros e españois no referente a trámites de identidade, potenciando desta maneira a oficina aberta de carácter fixo que na actualidade existe no Barco e A Rúa.

A posible implantación dunha oficina de  carácter permanente no Barco, como pretende o PSOE, podería obrigar a pechar o servizo actual que se presta na Rúa e, con iso, a centralización do mesmo na capital comarcal. Por iso, o senador ourensán propoñerá a mellora dos servizos existentes para, nun futuro, abarcar todas aquelas necesidades que houbese na comarca.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: