Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “sobran os exemplos e non faltan motivos para reivindicar de modo permanente a igualdade da muller”

Imprimir ppou - 08-Marzo-2018 - 16:59:51 


• No acto organizado polo PP en Celanova con motivo do Día da Muller, o presidente provincial emprazou os homes a “secundar con contundencia xornadas como as de hoxe e trasladalas a todos os días do ano”.

Ourense, 8 de marzo de 2018.- O claustro do mosteiro de Celanova acolleu hoxe o acto organizado polo Partido Popular de Ourense no Día da Muller e no que o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que “sobran os exemplos e non faltan motivos para reivindicar de modo permanente a igualdade da muller”.

  
  
Manuel Baltar, que salientou o cambio de escenario desta xornada reivindicativa –tradicionalmente celebrada na rúa do Paseo de Ourense “pero que tamén debe achegarse aos concellos”- lembrou en clave política que o PP ourensán é a única formación española “con maioría absoluta de mulleres nos seus órganos de dirección e que aspira a ter máis concelleiras, máis alcaldesas e parlamentarias”.

Os homes, engadiu o presidente provincial, “temos a obriga de secundar con contundencia xornadas como as de hoxe e trasladalas a todos os días do ano, pensando permanentemente neste movemento social”.

O PP, como formación política que representa a maioría dos ourensáns, “nin ten complexos nin pode quedarse curto recollendo as reivindicacións da sociedade e das mulleres en particular”.

Baltar tivo palabras de agradecemento para María Antonia Rilo –“a nosa conciencia no PP- como presidenta da comisión de Igualdade e organizadora dun acto no que interviron varios membros da xunta directiva provincial, como Ana Belén Vázquez, Cristina Romero, Luz Doporto, José Luis Ferro e José Antonio Parente, así como a concelleira de Cultura de Celanova, Ana Fernández.

Cada un deles deu lectura a un breve discurso no que abordaron diferentes aspectos de importancia nunha xornada reivindicativa como a de hoxe, falando da educación sen distinción de xénero, da desigualdade de oportunidades no ámbito directivo, da brecha salarial no traballo, da figura de Clara Campo Amor como exemplo de loita contra a desigualdade ou do labor das mulleres rurais.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: