Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A formación política para mozos, eixo das xornadas organizadas por Novas Xeracións do PP a través da Escola Roberto Padilla

Imprimir ppou - 31-Xaneiro-2018 - 17:48:05 


• Organizada pola xunta local de Ourense da agrupación xuvenil, esta convocatoria inclúe cinco seminarios e dúas mesas redondas coa intervención de 21 cargos autónomicos, provinciales, locales e ata europeos, así como representantes da universidade, da empresa e do campo das novas tecnoloxías.
 
• O obxectivo é ofrecer aos mozos “unha oportunidade de achegarse á política e xerar opinión a través da visión e da experiencia de distintos cargos do partido”, explicou o presidente da xunta local de Novas Xeracións, Serxio María Rodríguez.

Ourense, 31 de xaneiro de 2018.- O achegamento dos mozos á política é o eixo das xornadas que Novas Xeracións do Partido Popular celebrará o venres e sábado próximos no Auditorio da capital, nunha convocatoria da escola de formación Roberto Padilla, creada polos populares ourensáns en memoria do que foi un destacado militante e profesional do mundo académico. Organizada pola xunta local de Ourense da agrupación xuvenil, esta convocatoria inclúe cinco seminarios e dúas mesas redondas coa intervención de 21 cargos autónomicos, provinciales, locales e ata europeos, así como representantes da universidade, da empresa e do campo das novas tecnoloxías. O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoó e o presidente popular provincial, Manuel Baltar, participarán no acto inaugural.

“O noso obxectivo é ofrecer aos mozos unha oportunidade de achegarse á política e xerar opinión a través da visión e da experiencia de distintos cargos do partido”, explicou o presidente da xunta local de Novas Xeracións, Serxio María Rodríguez, que na apertura das xornadas o venres tamén estará acompañado polos presentes nacional, autonómico e provincial da organización xuvenil, Diego Gago, Adrián Pardo e José Antonio Parente, respectivamente.

O progama da escola Roberto Padilla inclúe cinco seminarios que desde a perspectiva política abordarán temas como a economía, liñas de actuación en materia social, tecnoloxía, emprendemento ou comunicación. Haberá ademais dúas mesas redondas nas que se analizará desde o punto de vista actual e futuro.

Ata 21 relatores participarán nestas xornadas, entre os que figuran investigadores, doutores e profesores da Universidade de Santiago de Compostela, representantes dos xóvenes empresarios, do mundo da tecnoloxía e mesmo a campiona do mundo de debate e oratoria.

Non faltarán destacados membros do partido, entre cargos autonómicos tanto galegos como do PP vasco e representantes das Xuventudes Europeas do Partido Popular Europeo, así como relatores da formación popular que na actualidade ocupan responsabilidades de goberno na Xunta de Galicia, no Congreso e no Concello de Ourense.

O peche das xornadas, o sábado, contará coa presenza do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, o secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, e o presidente da xunta local dos populares de Ourense Cidade, Jesús Abad.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: