Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A primeira xunta directiva popular do ano aproba por unanimidade as contas do partido correspondentes ao 2017

Imprimir ppou - 25-Xaneiro-2018 - 19:29:27 


• Eficiente xestión e transparencia foron dous dos aspectos destacados polo presidente provincial, Manuel Baltar, trala aprobación das contas, cun superávit de máis de 30.000 euros.

Ourense, 25 de xaneiro de 2018.- O Partido Popular de Ourense comezou hoxe a súa actividade orgánica no 2018 coa celebración da primeira xunta directiva provincial do ano. Unha convocatoria que estivo centrada no ámbito económico coa aprobación, por unanimidade dos asistentes, da liquidación da contas correspondentes o 2017.

  
  
Segundo o documento de liquidación, o PP ourensán obtivo no pasado exercicio uns ingresos de 318.712 euros, mentres que contía dos gastos alcanzou os 287.079. É dicir, a formación popular rematou o ano cun superavit de 31.632,74 euros.

Unha eficiente xestión e un novo exercicio de transparencia foron os dous aspectos destacados polo presidente provincial, Manuel Baltar, á hora de cualificar o resultado económico do partido, recordando que o PP “é o único partido da provincia que presenta todas as súas contas, sexan de funcionamento interno como as correspondentes ás campañas electorais”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: