Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular presenta unha iniciativa para crear unha rede provincial andainas

Imprimir ppou - 05-Decembro-2017 - 09:48:48 


• A proposta, para o seu debate en pleno, ten como obxectivo a coordinación de todas estas actividades, a promoción turística, o fomento do deporte non competitivo e a dinamización do medio rural, incluíndo a concienciación ambiental e animando aos sendeiristas a participar nestas actividades mediante a creación  do pasaporte “AndOU”.

Ourense, 5 de decembro de 2017.- O grupo popular na Deputación de Ourense presentará no último pleno do ano unha iniciativa para a creación da Rede Provincial de Andainas, que servirá como ferramenta para a promoción turística, fomento da actividade deportiva non competitiva e dinamización do medio rural, incluíndo un capítulo destinado a potenciar a educación ambiental e animando aos sendeiristas a participar nestas actividades mediante a creación  do pasaporte “AndOU”.

A proposta do PP, que forma parte do plan de mandato Ourense 15-19, ten como punto de partida a colaboración que a Deputación ven de prestar de forma activa aos concellos e asociacións que organizan estas andainas, subvencionando ao redor de medio cento de actividades en  2016 e outras tantas no que vai do presente ano. 

As andainas, subliña o grupo popular, constitúen unha oportunidade de primeira orde para descubrir e dar a coñecer a enorme riqueza natural, patrimonial, termal, paisaxística e gastronómica da provincia, cuxa promoción pódese artellar en torno a percorridos atractivos que fomentan un turismo activo e de saúde, contribuíndo dun modo notable a dinamizar o medio rural e mesmo creando unha cultura de sensibilidade e concienciación ambiental.

Na actualidade, Ourense conta con 20 rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo, tres máis en proceso de rehomologación e outras 7 en traballos de campo, camiños que contan cun selo que avala o seu correcto acondicionamento e sinalización con paneis explicativos e informativos. Nesta liña, os circuítos que formen parte desta rede caracterizaranse pola oferta de servizos ás persoas que participen nas andainas, o que permitirá dar valor engadido a estas actividades.

Xunto coa ordenación e coordinación das andainas mediante un calendario de actividades, a proposta do PP inclúe como novidade o pasaporte “AndOU”, onde os camiñantes conseguirán un selo que acredite a súa participación nas diferentes rutas, optando a premios que incentiven e fidelicen aos senderistas.

Ademais, estes camiños deberán fomentar a educación ambiental dando a coñecer con anterioridade ás probas unhas normas de boas prácticas medioambientais, así como promocionar as “rutas interpretadas”, onde monitores especializados ou axentes de medio ambiente expliquen as características da natureza por onde discorren as rutas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: