Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP pide unha reunion entre representantes políticos e empresarios para planificar unha ampliacion do parque empresarial do Carballiño

Imprimir ppou - 28-Novembro-2017 - 12:01:08 

 
• É unha cuestión de importancia, para poder dispoñer de novo solo industrial-comercial, nun futuro.
 
• Deberanse de poñer sobre a mesa, todas as opcións de crecemento dentro do municipio do Carballiño, sen descartar que a propia ampliación se tivera que facer no Concello de Maside, para o que sería necesario contar e colaborar con dito Concello.
 
O Carballiño, 27 de novembro de 2017.- É unha realidade que o actual Parque Empresarial do Carballiño conta xa con moi pouco espazo para a localización de novas actividades empresariais e económicas. Este Parque Empresarial viu como desde que a Xunta de Galicia aprobou as bonificacións do 50 % no prezo do solo este despuntou e conseguiu poñerse a esta área empresarial no seu momento de reflexión futura.
 
Entendemos desde o Partido Popular que o novo solo que se pretenda facer debe de cumprir non só cos aspectos legais de planificación urbanística como non pode ser doutra forma, senón que ademais debe de ser lindeiro co actual Parque Empresarial e nunca pensar nunha nova zona territorial, noutra localización do pobo, para este uso.
 
Entendemos ademais que na toma de decisión debe ter valor o que a propia asociación de empresarios nos poida transmitir, pois ninguén mellor que eles para poder dar razóns estratéxicas de crecemento.
 
As posibilidades son variadas e, se ben e certo que debemos de planificar este crecemento no noso municipio, tampouco resultaría impensable que este crecemento se tería que facer no concello lindeiro de Maside para o cal, fora da nosa circunscrición de competencias, deberíamos de motivar e colaborar con ese concello para a consecución dunha hipotética ampliación.
 
Ter a disposición un novo espazo para poder contar con solo industrial e comercial non é un tema que se poida resolver en cuestión de pouco tempo e sen planificación, polo que canto antes empecemos a tomar decisións, pois mellor, e nese sentido, entendemos que é o momento de empezar a traballar, para poder transmitir a outras administracións colaboradoras, as nosas necesidades.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: