Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Escola de Verán Miguel Ángel Blanco: O PP defende un galeguismo diferencial que procura a defensa da cultura, da lingua e o progreso económico e social de Galicia

Imprimir ppou - 21-Xullo-2017 - 20:33:55 


• A Casa da Cultura do Carballiño acolle hoxe e mañá a sétima edición da Escola de Verán Miguel Ángel Blanco, dedicada este ano ao galeguismo como aposta de futuro.

• Na primeira xornada, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar afirmou que a raíz galeguista “é a que marca a diferenza dos populares con respecto a outros partidos”.

• Xosé Manuel Barreiro e Xesús Palmou impartiron senllos relatorios nos que destacaron que o PP representa a a integración, a moderación e unha Galicia moderna.

Ourense, 21 de xullo de 2017.- O Partido Popular, como primeira forza política de Ourense e de Galicia, representa o galeguismo entendido como un feito singular que procura a defensa da nosa cultura, da nosa lingua e o progreso económico e social de Galicia. Este foi un dos aspectos destacados na primeira xornada da Escola de Verán Miguel Ángel Blanco que dende hai sete anos organiza o PP de Ourense e que na presente edición está dedicada ao galeguismo como unha aposta de futuro.

  
  
Na Casa da Cultura do Carballiño, o presidente provincial, Manuel Baltar, foi o encargado de abrir esta sétima edición da Escola de Verán afirmando que a raíz galeguista “é a que marca a diferenza do PP con respecto a outros partidos, formando gobernos sólidos contra ventos e mareas, cun galego á fronte do goberno de España e cunha institución como a Deputación desde a que se traballa cunha visión integral da provincia”. 

Na inauguración, Manuel Baltar estivo acompañado por César Fernández Gil, secretario de estudos e pensamento galeguista e parlamentario autonómico, que se referiu ao contexto político actual “no que moitas forzas quixeron apropiarse do feito diferencial de ser galegos para empregalo coma argumento de fractura social”. Nesta liña, advertiu César Fernández, “o PP debe apostar polo galeguismo como fórmula de unidade e facer bandeira desta singularidade para gañar cada vez maior apoio social”.

Tralo acto de apertura, o programa incluíu dous relatorios, o primeiro dos cales correspondeu a Xosé Manuel Barreiro Fernández, portavoz do grupo popular no Senado, quen falou do espazo político do galeguismo nas Cortes Xerais. 

Para Barreiro, o PP representa o galeguismo integrador, moderado e moderno que se basea na defensa das raíces culturais e dos intereses do territorio en dúas dirección, desde Galicia para o conxunto do estado e viceversa.

“Non é unha afirmación gratuíta dicir que o PP é o partido que máis se parece aos galegos”, dixo Barreiro, “o que se reflicte nos resultados electorais, pois somos a forza política favorita dos galegos á hora de representar o gallguismo nas Cortes Xerais”.

Con citas a Fernández Albor e Manuel Fraga, como abanderados do galeguismo, Xosé Manuel Barreiro asegurou que “non hai mellor defensa do noso que contar cun galego na presidencia do Goberno”, en referencia a Mariano Rajoy, tanto pola súa aposta por infraestruturas e investimentos como o AVE como por contar con galegos para postos de relevancia.

Como portavoz no Senado, o relator fixo balance das iniciativas presentadas a prol da reactivación económica da comunidade, de Galicia, para concluír subliñando que “Galicia sempre está presente no labor lexislativo das Cortes”.

O segundo relatorio da tarde correu a cargo de Xesús Palmou Lorenzo, ex secretario xeral do PPdeG, que centrou a súa intervención no galeguismo como fundamento dun discurso político maioritario.

Palmou, que iniciou a súa intervención cun recordo a Miguel Ángel Blanco, definiu o galeguismo como “un sentimento, unha actitude e como autoidentificación que nos define en España e Europa, contrapunto da autodeterminación e do independentismo”.

Para o relator, Galicia “é hoxe semellante aos postulados que reclamaban os galeguistas históricos no século pasado, cunha ampla autonomía e políticas propias”, facendo ademais reiteradas referencias a un patrimonio de tanta importancia como é o noso idioma. 

Xesús Palmou sinalou tamén que o Partido Popular de Galicia “debe converterse no centro da acción política para conseguir unha sociedade máis xusta, igualitaria, solidaria e de vangarda”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: