Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os deputados ourensáns trasladarán o Ministerio do Interior a necesidade de elaborar un plan de actuación contra as “mafias okupas”

Imprimir ppou - 06-Xullo-2017 - 16:58:41 


• Ana Belén Vázquez, Miguel Ángel Viso e Celso Delgado mantiveron un encontro coa dirección galega da Unión Federal de Policía, no que tamén se abordou a necesidade de crear nas comisarías un punto de atención aos nenos que acoden cos seus pais a denunciar casos de maltrato e de violencia de xénero.

Ourense, 6 de xullo de 2017.- Os deputados ourensáns do Partido Popular trasladarán “de xeito inmediato e urxente” ao Ministerio do Interior a preocupación dos policías nacionais pola proliferación de “mafias okupas” e a falta de axilidade na resolución xudicial destes casos, problema sobre o que a Unión Unión Federal de Policía (UFP) pide un plan específico de actuación.

  
  
Este foi un dos principais asuntos tratados na reunión que os deputados populares Ana Belén Vázquez, Miguel Ángel Viso e Celso Delgado mantiveron está mañá cos representantes da dirección galega da UFP, entre os que se atopaban Manuel González, secretario rexional de Galicia e provincial de Lugo; Agustín Vigo, portavoz do sindicato en Galicia e secretario de acción sindical de Pontevedra; Alicia García, secretaria da área de muller e familia; Manuel Teijeiro, secretario de organización de Ourense; e Antonio García, secretario provincial da Coruña.

Os representantes da UFP entenden que o Goberno debería elaborar un plan de loita contra as “mafias okupas” e poñer en marcha xuízos rápidos que permitan solucionar dun xeito áxil os problemas que se están a xerar con estas situacións, xa que por lei apenas teñen capacidade de actuación nestes casos.

En nome dos deputados ourensáns, Ana Belén Vázquez, que forma parte como vocal da comisión de Interior do Congreso, comprometeuse a trasladar este asunto o Ministerio do Interior “conscientes do grave problema ao que nos enfrontamos, sobre todo nunha provincia como Ourense coa gran cantidade de vivendas baleiras que existen, mesmo no rural, xa que os seus donos residen noutros puntos da xeografía española ou no estranxeiro por motivos de traballo”.

A deputada popular tamén anunciou que presentarán unha proposición non de lei no Congreso para a creación de puntos de atención á infancia nas comisarías, co fin de prestar coidados aos nenos, con persoal cualificado, cando os seus pais acoden con eles para presentar denuncia nos casos de maltrato e de violencia de xénero. 

Os representantes da UFP destacaron que neste tipo de denuncias a estadía na comisaría pode ser longa, polo que son os propios profesionais que están de servizo os que teñen que se facer cargo dos menores para evitarlles situacións ou escenas das que non deberían ser testemuña.

Na xuntanza, que se celebrou na sede provincial do PP, a dirección galega da UFO tamén pediu o apoio dos deputados para que se poñan en marcha campañas dirixidas aos maiores, con especial atención ao rural, con fin de evitar outro grave problema como son os timos, entre os que citaron como moi comúns o chamado “abrazo agarimoso” ou os falsos cobradores da luz, do gas ou como funcionarios do catastro.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: