Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular ensalza o galeguismo de Carlos Casares na homenaxe que a formación popular celebra na véspera das Letras Galegas

Imprimir ppou - 16-Maio-2017 - 20:11:52 


• Os populares ourensáns, reunidos na praza dedicada ao escritor en Xinzo de Limia, subliñaron a gran oportunidade que supón esta data para transmitir aos mozos a importante aportación literaria e cultural que nos deixou Casares a través das súas obras, pero tamén do seu compromiso con Galicia a través da política.

Ourense, 16 de maio de 2017.- Xinzo de Limia acolleu esta tarde a homenaxe que o Partido Popular de Ourense rendeu ao escritor limián Carlos Casares (1941-2002), o gran protagonista da celebración, mañá mércores, do Día das Letras Galegas. Un acto no que se lembrou a demanda formulada hai agora un ano polos populares, que reclamaban a homenaxe a Casares para poñer fin a unha “longa noite de pedra” de doce anos agardando a celebrar esta xornada cun protagonista ourensán.

A cita, que se desenvolveu na praza dedicada ao escritor na vila limiá, contou coa presenza do coordinador de política autonómica do PP ourensán, Miguel Santalices; o responsable de estudos e pensamento galeguista: César Fernández Gi; o deputado do PP no Parlamento de Galicia, Carlos Gómez; e o concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil.

  
  
Diante do público asistente déronse lectura a diversas pasaxes dos libros do escritor limián como “As laranxas mais laranxas de todas as laranxas”, “Lolo anda en bicicleta”, “A galiña azul” ou “Vento ferido”, esta última obra cunha especial mención por se cumprir os cincuenta anos da publicación destes relatos curtos xuvenís que se chegaron a cualificar como “a vida mesma”.

Pero non só se falou do Casares escritor, senón que como lembrou Miguel Santalices “tamén compre lembrar o seu paso pola política e, en concreto, polo Parlamento de Galicia, sendo un dos dous intelectuais galegos a quen se dedicou a festa das letras galegas xunto con Ramón Piñeiro”. 

A organización xuvenil popular Novas Xeracións a encargada de poñer o acento no espírito da ourensanía e o galeguismo nunha xornada na que se lembrou a Ourense como “terra de escritores, de cultura, de letras, da Xeración e do grupo Nós”, manifestou o presidente provincial de NN.XX. José Antonio Parente, ao que tamén acompañou o presidente da organización xuvenil de Galicia e España, Diego Gago, 

Parente agradeceu ao presidente provincial do PP, Manuel Baltar, a confianza depositada na organización xuvenil para representar ao partido neste acto, lembrando que a comarca limiá deixara unha pegada imborrable en Carlos Casares “ata o punto que sempre a recordaría e citaría máis dunha vez nas súas obras”.

“Quince anos despois do seu pasamento –engadiu- esta é unha gran oportunidade para transmitir aos mozos a importante aportación literaria e cultural que nos deixou a través das súas obras, pero tamén do seu compromiso galeguista a través da política”.

Entre tanto, Diego Gago animou á defensa “da nosa lingua e da nosa cultura os 365 días do ano, como fixo Casares, para que non se esqueza a obra literaria e intelectual dos máis importantes nomes da cultura galega”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: