Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  O PP inicia na xunta directiva un ciclo de convocatorias informativas sobre actividades e servizos para o cidadán

Imprimir ppou - 08-Marzo-2017 - 22:13:10 



• O presidente provincial destacou a necesidade de informar aos alcaldes e concelleiros “por ser eles os que teñen o contacto máis cercano co cidadán”

Ourense, 8 de marzo de 2017.- “No Partido Popular queremos que os nosos alcaldes e concelleiros profundicen nas distintas áreas de actividade e servizos das administracións, xa que son eles os que teñen o contacto máis cercano co cidadán”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, na primera xunta directiva do ano, celebrada esta tarde na sede da formación popular.

Manuel Baltar sinalou que ao longo do ano e en próximas convocatorias abordaranse temas específicos e de interese para os concellos, “de tal xeito que os nosos representantes públicos podan informar e orientar á veciñanza”.

Desta volta, o tema elixido para esta convocatoria foi a asistencia sanitaria, para o cal na convocatoria de hoxe foi convidado o vocal do comité executivo do Partido Popular de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña, que participou nun estenso debate sobre esta materia.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: