Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ribadavia insta ao goberno a elaborar un plan de revitalización demográfica

Imprimir ppou - 07-Decembro-2016 - 11:38:35 


• Na xunta de goberno local celebrada o pasado martes deuse conta dun escrito do INE segundo o cal Ribadavia estaría a piques de perder os 5.000 habitantes.

• Esta situación pode provocar a insostenibilidade e a conseguinte desaparición de numerosos servizos dos que hoxe disfruta a veciñanza de Ribadavia.

Ribadavia, 3 de decembro de 2016.- O grupo municipal do Partido Popular ven de presentar unha moción, para ser debatida no pleno de decembro, pola que insta ao goberno á urxente elaboración dun plan de revitalización demográfica para o Concello de Ribadavia.

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, a presentación desta iniciativa ven motivada polo feito de que “na acta da xunta de goberno local celebrada o pasado 29 de novembro dase conta da entrada dun escrito oficial do Instituto Nacional de Estatística no que se comunica a proposta, que este instituto fai, de cifra oficial de poboación para o concello de Ribadavia referido a 1 de xaneiro de 2016. Neste documento, a escalofriante cifra de poboación é de 5.068 habitantes, o que supón que a inicios de 2016 o Concello de Ribadavia se atopaba a piques de perder os 5.000 habitantes”.

Fernández sinalou que “desgraciadamente, os grupos da oposición municipal non tivemos acceso a este dato ata que agora o vemos reflexado nesta acta. Por contra, o goberno municipal manexa os datos do censo e pode controlar, case en tempo real, o volumen do censo de habitantes do concello polo que resulta preocupante a falta de iniciativa e de políticas de impulso demográfico ante unha realidade  enormemente preocupante”.  Para o voceiro popular, “a perda dos 5000 habitantes suporía un importante revés económico para o Concello e provocaría que moitos dos servizos que hoxe se prestan como poden ser deportes, conservatorio e escola de música, servizos sociais, etc, se volvesen absolutamente insostibles”.

César Fernández, sinalou que “Ribadavia atópase nunha situación de extrema gravidade, xa que a perda dos 5.000 habitantes abocaría a Ribadavia a unha situación de moi difícil recuperación, tanto a nivel económico como a nivel social. Fronte a isto, o alcalde de Ribadavia, en lugar de facer fronte a esta situación e propoñer solucións, crúzase de brazos dando as costas a esta realidade e convertíndose en parte do problema”.

Para Fernández, “a actitude soberbia e pouco dialogante do alcalde de Ribadavia resulta máis alarmante se cabe xa que, lonxe de implementar medidas de reactivación da natalidade, conciliación da vida laboral e familiar, impulso industrial ou incentivos para que a xente se empadrone en Ribadavia, prefire cruzarse de brazos como mero espectador mentres a demografía esmorece e camiñamos cara o punto de non retorno que nos baixaría dos 5000 habitantes.

Fernández salientou que “por todo isto, vimos de presentar unha iniciativa para ser debatida no pleno de decembro na que instamos ao goberno municipal a elaborar un plan, de xeito conxunto cos demais grupos da oposición, para a revitalización demográfica de Ribadavia. Un plan que, en todo caso, contará con medidas para a reactivación da natalidade, a conciliación da vida laboral e familiar, o impulso industrial e unha batería de incentivos ao empadroamento”.

O voceiro popular suliñou que “ante a pasividade do goberno fronte a esta situación, vémonos na obriga de tomar a iniciativa e actuar para poñer o foco de discusión nunha realidade que pode acarrear dramáticas consecuencias para o concello. Cómpre situar o problema demográfico no centro do debate e da axenda política dos grupos que compoñemos o pleno municipal de Ribadavia”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: