Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ourense elixirá a 71 compromisarios para representar á provincia no congreso nacional de febreiro

Imprimir ppou - 23-Novembro-2016 - 00:38:31 



• O comité executivo, reunido esta tarde, procedeu á distribución dos representantes entre as 92 xuntas locais e convocará eleccións alí onde haxa máis candidatos que compromisarios asignados.

Ourense, 22 de novembro de 2016.- O Partido Popular de Ourense ven de comezar o proceso de selección dos compromisarios que representarán á provincia no congreso nacional que se celebrará en 2017. En total serán 71 os representantes a elixir entre as 92 xuntas locais da formación na provincia, aos que se sumarán un membro da organización xuvenil Novas Xeracións e os compromisarios natos, que se corresponden cos membros da xunta directiva nacional, é dicir, deputados, senadores e o presidente provincial.

O comité executivo, reunido esta tarde na sede popular, deu hoxe o primeiro paso coa distribución dos 71 compromisarios entre as citadas xuntas locais, que o 19 de decembro, de cinco a oito da tarde, que haberán de celebrar as eleccións dos representantes asignados, no caso de que se sexa preciso ao concorrer máis candidatos que prazas asignadas.

Na reunión de hoxe, o presidente provincial, Manuel Baltar, destacou que os 71 compromisarios ourensáns formarán parte dos 2.565 representantes populares que participarán no congreso nacional, “o que ven de supoñer que Ourense supera amplamente a representación doutras provincias semellantes e moi preto doutras máis poboadas, como A Coruña, que elixirá a 75 militantes”. 

Os populares ourensáns prepáranse así para a súa terceira cita congresual en menos dun ano, logo do congreso provincial celebrado no pasado marzo, o congreso galego organizado en Ourense en maio e agora o congreso nacional, o número dezaoito da formación, que se celebrará en Madrid do 10 ao 12 de febreiro de 2017. Unha cita para a que xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas á presidencia do PP –co apoio imprescindible de polo menos 100 militantes-, prazo que se pechará o 24 de novembro as 14.00 horas.




(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: