Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar defende o proxecto popular “como a única forza capaz de atender as singularidades da nosa provincia”

Imprimir ppou - 17-Septembro-2016 - 17:09:38 




• Nun acto organizado por Novas Xeracións nunha adega do Ribeiro, o presidente provincial recoñeceu o labor que o sector do viño está a facer “levando o nome de Ourense polos mercados nacionais e internacionais”.

• Marisol Díaz subliñou a aposta do goberno de Núñez Feijóo por un sector estratéxico para Ourense, “que ofrece unha oportunidade á xente moza para quedarse no rural e que tamén ten no turismo enolóxico unha indubidable fortaleza”.

• En Muíños, o candidato Miguel Santalices advertiu que “temos nas nosas mans a oportunidade de facer que Ourense siga a aproveitar o tirón turístico en Galicia, cun goberno popular serio, comprometido e disposto a traballar dende o primeiro minuto”.

Ourense, 17 de setembro de 2016.- “O Partido Popular é quen de pronunciar con orgullo a palabra Ourense e a única forza que ten demostrado a súa capacidade para atender as singularidades da  nova provincia”, dixo hoxe o presidente provincial, Manuel Baltar, nunha xornada electoral onde o sector vitivinícola e o ámbito turístico tiveron un protagonismo especial cunha visita a adega Viña Reboreda, nun acto organizado por Novas Xeracións, e un mitin en Muíños.

Manuel Baltar defendeu o esforzo que o PP está a realizar por converter a Ourense en referente como destino de interés turístico, “non só aproveitando o noso potencial, que é moito e de calidade, senón tamén apoiando aos ourensáns que co seu labor están a levar o nome de Ourense polos mercados nacionais e internacionais”. Unha referencia directa ao sector vitivinícola, que non deixa de medrar en vendas e internacionalización, “e que tamén apoiamos dende a Deputación con achegas anuais de 50.000 euros ás catro denominacións ourensáns”.

Marisol Díaz, número uno da lista pola provincia, lembrou pola súa banda o compromiso da Xunta con esta actividade, á que ademáis das axudas á reestruturación do viñedo “achegou medio millón de euros para promoción, dando pulo ao desenvolvemento dunha área estratéxica para Ourense, que ofrece unha oportunidade á xente moza para quedarse no rural e que tamén ten no turismo enolóxico unha indubidable fortaleza”.

Precisamente o ámbito turístico foi destacado por Manuel Baltar en Muíños, onde salientou o esforzo realizado polos populares para dotar á provincia de infraestruturas turísticas coas que dar o mellor servizo aos visitantes, afirmación recollida polo candidato, Miguel Santalices, para subliñar na súa intervención as cifras históricas que a comunidade está a rexistrar no número de turistas chegados a Galicia. “En Ourense temos que aproveitar ese tirón, que non é casual, senón froito do traballo do goberno de Alberto Núñez Feijóo”. O domingo 25, engadiu, “temos nas nosas mans a oportunidade de facer que Ourense siga a aproveitar o tirón turístico, cun goberno popular serio, comprometido e disposto a traballar dende o primeiro minuto”.

Miguel Santalices chegou a Muíños na compaña do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, coa que horas antes realizou unha visita a Barbadás dentro da axenda de campaña do PPOU neste sábado, que ademáis incluíu un percorrido pola feira de Ourense e unha visita a Cudeiro, na que tamén participou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: