Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “Non hai máis reto para o PP que a recuperación económica sexa coompartida por todos os galegos”

Imprimir ppou - 15-Septembro-2016 - 18:53:25 



• Allariz, Ribadavia, Celanova, Cortegada, Toén e barrios da capital estiveron hoxe na axenda electoral do PP ourensán 

• O presidente provincial subliñou que compre seguir a traballar para xerar máis emprego e “nunha terra de emprendedores como a nosa, con especial atención aos autónomos”.

• Marisol Díaz, cabeza de lista pola provincia, defendeu as iniciativas populares en materia de impostos, “que benefician á práctica totalidade dos galegos, pero en especial ás persoas con rendas mais baixas”. 

Ourense, 15 de setembro de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, pediu esta tarde o apoio dos veciños de Cortegada e Toén, onde os populares celebraron senllos mítines, “para que Ourense e Galicia sigan a ser unha excepción, pola responsabilidade coa nosa terra e pola estabilidade que aportará o PP fronte a unha coalición do caos”.

Para Manuel Baltar non hai máis reto para o PP que “a recuperación económica sexa compartida por todos os galegos, residan onde residan, sexan cidades, vilas ou pobos, porque para nós non hai nin cidadáns de primeira nin segunda categoría”.

Co obxectivo de que esa recuperación sexa máis efectiva, engadiu, compre seguir a traballar para xerar máis emprego e “nunha terra de emprendedores como a nosa, con especial atención aos autónomos”. 

Galicia, explicou, é a autonomía na que o emprego autónomo ten un maior peso e estabilidade, xa que 6 de cada 10 empregos autónomos teñen unha antigüidade superior a 5 anos e no resto de España, menos”.

Así, lembrou as propostas incluídas no programa, como a tarifa cero de cota no primeiro ano para autónomos con ingresos inferiores a 12.000 euros anuais ou o compromiso de que a tarifa plana de 50 euros ao mes na Seguridade Social sexa un ano máis que a tarifa que exista en cada momento no territorio español.

IMPOSTOS MÁIS BAIXOS PARA OS GALEGOS
Tamén en clave económica, a cabeza de lista da candidatura pola provincia de Ourense, Marisol Díaz, subliñou que o goberno do Partido Popular na Xunta baixou o IRPF “o imposto que pagamos polo noso traballo, dous veces nesta lexislatura que acaba de rematar, beneficiando á práctica totalidade dos galegos, pero en especial ás persoas con rendas mais baixas”.

O Partido Popular actúa “mentres outros partidos, cun discurso máis populista que real, fan exactamente todo o contrario do que predican”, dixo Marisol Díaz, que destacou que en soldos de ata 20.000 euros, Galicia é a segunda comunidade española onde se paga menos IRPF, só superada por Madrid. 

Aínda máis, a candidata puxo como exemplo da iniciativa popular en materia de impostos a un traballador galego que gañe ata 30.000 euros “renda pola que paga menos IRPF que na maioría das comunidades gobernadas polos socialistas, que apoiados por Podemos, a marca oculta das mareas galegas, subiron os impostos aos máis ricos pero se esqueceron de baixalos aos cidadáns con salarios máis reducidos”.

XANTAR MITIN EN CELANOVA
Os populares ourensáns tamén estiveron hoxe en Celanova, onde máis de 200 persoas participaron nun xantar mitin onde ademais do presidente provincial e os candidatos pola provincia estivo presente o presidente do PPdeG e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Unha cita na que se insistiu na necesidade de obter unha maioría suficiente para, a partir do día 26, poder continuar co proxecto de goberno iniciado hai oito anos, complicados ata o 2012 pola falta de recursos pero que grazas á xestión popular xa comezaron a dar os seu froitos.

Tamén houbo presenza dos populares ourensáns en Allariz e de novo en Ribadavia, onde candidatos e membros das xuntas locais seguiron hoxe a presentar o seu programa, ademais de en distintos puntos da capital, como os barrios de San Francisco e Reza.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: