Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Concello de Ribadavia acumula facturas sen pagar por un importe superior aos 500.000 euros

Imprimir ppou - 28-Maio-2016 - 13:00:28 


  • A esta cantidade habería que sumar os 3.218.000 euros de débeda bancaria que acumulaba o Concello ao final do exercizo 2015.
  • O prazo medio de pago a proveedores sitúase nos 93,89 días, o que supón o incumprimento da lexislación vixente.

Ribadavia, 28 de maio de 2016.- O concello de Ribadavia acumula facturas sen pagar por importe de 543.246,81 euros, unha cantidade que, unida aos 3.218.000 euros de débeda bancaria que acumulaba o concello ao final do exercizo 2015, ven a amosar a nefasta xestión económica que esta a realizar o alcalde de Ribadavia.

Outro dato significativo é que o prazo medio de pago a provedores sitúase nos 93,89 días, o que supón un incumprimento esaxerado da lexislación vixente que sinala un prazo máximo de 30 días, convertendo así a Ribadavia nun dos concellos da provincia que máis tarda en pagar aos provedores.

Segundo sinalou o voceiro do grupo popular, César Fernández, “estes datos son a consecuencia da nefasta xestión económica que está a levar a cabo o alcalde de Ribadavia, un alcalde máis preocupado en librar liortas partidistas que en xestionar o día a día e os intereses da veciñanza de Ribadavia”.

César Fernández sinalou que “o importe de facturas sen pagar a día de hoxe supón o 37 % dos cartos orzamentados para gasto corrente, servizos e investimentos no exercizo económico 2016”.

Por outra banda, sinalou o voceiro popular, “a temeridade e a nefasta xestión económica do alcalde pode traer como consecuencia a necesidade de adoptar medidas extraordinarias para o cumprimento dos prazos sinalados pola lei”. Hai que lembrar, dixo Fernández, que “segundo sinalaba o informe de intervención anexo ao orzamento de 2016, as medidas contempladas no plan de axuste do presente orzamento son a todas luces insuficientes, segundo o criterio do interventor municipal, o que pode implicar a necesidade de ter que adoptar medidas adicionais encamiñadas a cumplir o establecido no plan de axuste”. 

Para o voceiro do grupo popular “esta situación económica ven a constatar o fracaso do modelo de xestión municipal dun alcalde que, en lugar de xestionar e traballar a prol da veciñanza, vive enrocado na crispación constante e na mentira, amosando unha alarmante falla de ideas e recursos para sacar ao concello desta situación”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: