Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Celanova márcase como obxectivo seguir incrementando a maioría nas Municipais de 2011

Imprimir ppou - 16-Decembro-2010 - 13:57:24 


A Xunta Local do Partido Popular de Celanova celebrou onte unha xuntanza para analizar as estratexias que desenvolverá o partido cara ás vindeiras eleccións municipais de maio de 2011. O obxectivo, segundo explicou o presidente local e alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, é seguir incrementando a maioría que nos deron as veciñas e veciños de Celanova para poder continuar co proxecto Popular para que o noso municipio continúe progresando,  e teñamos cada vez máis e mellores servizos para os nosos cidadáns".

O acto contou coa presenza do presidente e do secretario provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar e Rosendo Fernández, respectivamente, quen coincidiron en afirmar, en clave nacional, que a actual situación de crise faise insostible, e é necesario que a cidadanía recupere a confianza da man dun goberno do Partido Popular, que xa ten demostrado a súa eficacia na xestión. "Nacionalistas e socialistas xa demostraron a ineficacia da súa alianza de perdedores no goberno da Xunta, e agora, nas vindeiras eleccións municipais, nas listas do PSOE na provincia de Ourense vanse presentar 92 Zapateros, e se non queremos que os gobernos dos nosos concellos sigan o mesmo camiño que o que está a acontecer en España, temos na nosa man dicirlles que non, que xa abonda de despilfarro e mala xestión", afirmou Manuel Baltar.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: