Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ourense celebrará o seu congreso provincial o próximo 5 de marzo

Imprimir ppou - 28-Xaneiro-2016 - 21:48:30 


• A formación ourensá será a primeira de Galicia en celebrar esta convocatoria, na que participarán 1.070 compromisarios 

Ourense, 28 de xaneiro de 2016.- “Ourense ten forza” é o lema do congreso provincial número 17 que o Partido Popular de Ourense celebrará o próximo 5 de marzo, tal e como aprobou por unanimidade esta tarde a xunta directiva da formación. Un congreso ao que o presidente popular, Manuel Baltar, ratificou a intención de presentar a súa candidatura, afirmando que desta cita sairá un novo comité executivo “que terá a importante tarefa de iniciar un proceso de renovación e preparación do partido para as eleccións autonómicas deste ano”.

O congreso do Partido Popular de Ourense, que será o primeiro que se celebre en toda Galicia, reunirá no pavillón dos deportes Paco Paz a 1.070 compromisarios, dos cales 880 serán electos, 13 pertencentes a Novas Xeracións e 177 que teñen a condición de compromisarios natos por pertencer á xunta directiva provincial ou á comisión organizadora do congreso. 

O concello que achegará o maior número de representantes será Ourense cidade con 116, seguido de Xinzo de Limia con 44 e Verín con 42. O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o próximo 5 de febreiro, ás 13.00 horas, e precísanse 75 avais de afiliados. 

 A xunta directiva, que tamén aprobou o regulamento do congreso, deu tamén o visto e prace aos relatorios que se presentarán nesta convocatoria e que son tres. O primeiro leva por título “Futuro e Comunicacións”, e será defendido por Cristina Romero. O segundo abordará o “Turismo e Termalismo” e será Gabriel Alén Castro, alcalde de Cenlle, quen a presentará ante os compromisarios. O último relatorio, “A provincia intelixente; Ourense como referencia”, será presentada pola senadora Miri Barreira. 

A xunta directiva provincial tivo un emotivo momento cando os asistentes homenaxearon cun prolongado aplauso ao recentemente falecido Guillermo Lago, alcalde da Gudiña. Tamén houbo unha felicitación especial para Miguel Santalices, polo seu nomeamento como presidente do Parlamento de Galicia, e para Cristina Romero pola súa nova condición de vicevoceira do grupo parlamentario popular na cámara galega.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: