Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Casimiro Campo consegue que a Xunta invista en Maside 4 millóns de euros para erradicar o chavolismo

Imprimir ppou - 04-Decembro-2010 - 09:45:20 

Maside, 3 de decembro de 2010.- As xestións ante a Xunta de Galicia do actual portavoz do PP en Maside e candidato popular á Alcaldía do municipio nas eleccións de 2011, Casimiro Campo, veñen de lograr o maior investimento en materia de vivenda social na historia deste concello: 4,2 millóns de euros, que a Xunta vai destinar á construción de vivendas para erradicar o chabolismo. Ditas vivendas serán cedidas en réxime de alugueiro ás familias que habitan o poboado chabolista de Fontela.    


Este logro que Casimiro Campo ven de conseguir, coa mediación do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, fará posible que o Instituto Galego da Vivenda e Solo invista un total de 4.230.046,40 euros na erradicación do chabolismo no Concello de Maside, tal como establece a addenda ao convenio asinado entre o IGVS e o Concello que foi aprobado onte polo Consello da Xunta de Galicia.


O convenio entre o IGVS e Maside establece que a administración autonómica construirá 25 vivendas que pasarán a propiedade municipal por importe do 2% do custo total da súa execución, fraccionado en cinco prazos anuais. As vivendas desenvolveranse en planta baixa e contarán cun rocho e un garaxe. Así mesmo cada vivenda contará cunha parcela que constituirá unha prolongación ao exterior do propio espazo da vivenda. Este convenio entre o IGVS e o concello de Maside ten vixencia ata o 30 de decembro de 2015.


Casimiro Campo afirma que todos "os que queremos o mellor para o Concello de Maside sentímonos felices deste importante investimento da Xunta no noso municipio. Pero non abonda: temos que seguir traballando  con humildade e responsabilidade para tentar achegar a todos os nosos veciños as melloras que o noso concello necesita".


Pola súa banda, Manuel Baltar considera que proxectos como este "marcan a diferenza entre as xestións do Partido Popular e as do actual goberno local de Maside, caracterizado por levar un rumbo errático sen que nada se fixera nestes anos de goberno socialista no concello".    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: