Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo provincial do PP lamenta unha nova falta de respecto polas institucións e os cidadáns por parte de PSOE, DO e BNG

Imprimir ppou - 27-Novembro-2015 - 13:17:21 


• A secretaria de Organización do PSOE, María Quintas, convidou antes do pleno a través de Internet a “atacar en todos o frontes” ao presidente Manuel Baltar.

• O coordinador do grupo, Pablo Pérez, desmentiu que se prohibise a entrada ao pleno a ningunha persoa que non o solicitase


Ourense, 27 de novembro de 2015.- O grupo provincial do Partido Popular de Ourense expresa o seu máis absoluto rexeitamento á actitude mostrada esta mañá polos grupos da oposición interrompendo o normal desenvolvemento do pleno ordinario da Deputación, “ademais de formular acusacións contra o presidente da institución que son manifestamente falsas”, asegurou o coordinador do grupo popular, Pablo Pérez.

O deputado explicou que o presidente, Manuel Baltar, non prohibiu en ningún momento o acceso ao salón de plenos a ningunha persoa que non o solicitou previamente, para o que desde hai meses funciona na web da Deputación un apartado específico, “sen esquecer que o acceso está garantido para que os medios de comunicación poidan realizar o seu traballo con total liberdade e que a sesión tamén é retransmitida a través de internet”. Mecanismos que, por outra banda, engadiu, existen en todas as institucións públicas nas que se celebran este tipo de actos.

“Atacar en todos os frontes”
Pablo Pérez, con todo, fixo fincapé en que para esta sesión adoptáronse medidas adicionais de control ante a constancia de chamamentos efectuados desde a oposición durante esta semana para “atacar en todos os frontes” ao presidente.

O deputado avalou a súa afirmación desvelando a existencia “dunha mensaxe enviada ás 18:34 horas do xoves pola secretaria de organización do PSOE, María Quintas, no que comunica que se está estudando facer uns carteis e pide a asistencia de cantos compañeiros poidan ir para pedir a dimisión do presidente”.

“Ademais de mostrar un total descoñecemento do mecanismo de acceso aos plenos, é lamentable que a oposición faga chamamentos destas características para rebentar unha sesión na que o presidente, como en todos os plenos, ten a responsabilidade de garantir a orde”, engadiu Pérez. 

Asegurou tamén que Manuel Baltar fixo un notable exercicio de responsabilidade tratando de garantir en todo momento que se puidese desenvolver a sesión de hoxe, a pesar da lamentable conduta mostrada pola oposición entrando e saíndo continuamente do salón e deambulando ante a mesa presidencial.

A diferenza destes grupos, afirmou o deputado, “nós non entramos en denunciar nin facer causa política da citación do líder do BNG diante da Audiencia Nacional por enaltecimiento do terrorismo, ou dá entrada nos xulgados do rexedor dunha gran capital galega, nin tampouco imos facer un circo co feito de que as deputadas do Parlamento de Galicia que intervirán a próxima semana en pleno estean, por parte do BNG, condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, por parte do PSdeG-PSOE, imputada por estafa”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: