Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O comité de campaña do PPOU inicia en Ourense as reunións por partidos xudiciais da provincia cara ás eleccións xerais

Imprimir ppou - 01-Outubro-2015 - 20:28:09 




•  Os outros seis partidos xudiciais acollerán ao longo de outubro as convocatorias para programar e organizar os actos electorais cara ás os próximos comicios.

•  O coordinador do equipo, Rosendo Fernández, lembrou que este é o primeiro comité de campaña en constituírse “o que nos permite planificar con moita antelación todas as accións”.

Ourense, 1 de outubro de 2015.-
A sede do Partido Popular de Ourense acolleu esta tarde a segunda reunión do comité de campaña, á que estaban convocados os alcaldes, portavoces e presidentes locais da formación, pertencentes aos 37 concellos que integran a xunta electoral de zona de Ourense.

Presidida polo coordinador de campaña, Rosendo Fernández, en ausencia do presidente do PPOU, Manuel Baltar, de viaxe institucional en Castellón, a convocatoria serviu para avanzar no deseño dos actos que se celebrarán durante a campaña electoral para os próximos comicios xerais de decembro.

Rosendo Fernández lembrou durante a súa intervención que “o noso partido foi a primeira formación política de España en poñer en marcha un comité de campaña -o pasado 31 de xullo-, o cal nos permite planificar con moita antelación todas as reunións preparatorias e accións cara ás eleccións”.

Así, o PP ourensán ten xa programadas para este mes de outubro as reunións que celebrará cos representantes da formación nos outros seis partidos xudiciais da provincia (Bande, O Carballiño, Ribadavia, Trives, Valdeorras e Verín).

Este comité é o encargado de deseñar a campaña electoral dos populares ourensáns para as próximas eleccións xerais e planificar e organizar a súa execución, para o que conta cun equipo forma do por 22 persoas que se responsabilizan de 19 áreas de traballo.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: