Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A Cultura será o eixo vertebrador da política provincial de Ourense

Imprimir ppou - 22-Maio-2015 - 18:37:20 



  • O candidato popular á presidencia da Deputación presentou hoxe no Castelo de Maceda as liñas básicas e actuacións concretas en materia cultural do Plan Ourense 15-19

  • Manuel Baltar porá en Marcha o Museo Galego da Emigración e o Museo da Roda de Afiar, apostas fundamentais do novo mandato




Ourense, 20 de maio de 2015.- A Cultura será o eixo vertebrador da política provincial nos vindeiros catro anos. Así o puxo de manifesto esta mañá, no Castelo de Maceda, o candidato á presidencia da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nun encontro con representantes da Cultura da provincia.




Manuel Baltar deixou claro que "a identidade é cultura. A Ourensanía nace da cultura propia". Por este motivo, o componente cultural no Programa de goberno provincial Ourense 15-19 conta cun marcado protagonismo, no que sobresaen proxectos tan significativos para a identidade ourensá como son o Museo Galego da Emigracion e o Museo da Roda de Afiar, apostas fundamentais do novo mandato.




Manuel Baltar explicou que a Deputacion "é un "goberno esponxa", aberto a calquer iniciativa cultural e baseado na participación e nos costumes e usos de Ourense".




"A cultura ourensá non coñece límites. As industrias culturais e creativas serán prioritarias e crearán emprego: o turismo cultural como plataforma de crecemento", matizou o candidato popular provincial para fundamentar o compoñente xerador de riqueza que é a dinamización cultural.




"Somos un pobo emigrante e traballador. Pero tamén creativo. Sexamos ambiciosos", concluiu Manuel Baltar.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: