Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP presentará unha querella criminal contra o candidato do PSOE en Amoeiro por obstrucción á xustiza e simulación de delito

Imprimir ppou - 09-Maio-2015 - 13:38:50 

• A directora da residencia de persoas maiores que protagonizou o vídeo difundido por Rafael Rodríguez Villarino xa se retractou das súas palabras con respecto a unha das persoas utilizadas na gravación
• Os populares plantexan un acto de conciliación, previo a outra querella criminal por inxurias e calumnias, contra esta traballadora para que retire as súas falsas acusacións respecto das demáis persoas ás que fai referencia no vídeo

Amoeiro, 09 de maio de 2015.
- A sede do PP de Ourense acolleu esta mañá unha rolda de prensa na que participaron o secretario provincial, Rosendo Fernández, e o candidato e portavoz municipal en Amoeiro, José Ángel Sampayo, en relación á denuncia documentada ante a Xunta Electoral con vídeos de persoas maiores gravados polo alcalde e candidato socialista en Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino.
Tralo visionado daqueles vídeos, nos que se manifestaba falsamente que o PP estaba pedindo o voto antes do prazo legal establecido, José Ángel Sampayo anunciou que "dende o Partido Popular xa emprendemos accións xudiciais contra María Manuela Días da Costa, directora da residencia de maiores, por inxurias e calumnias. E nos consta que xa retirou parte das súas acusacións con respecto a unha das persoas utilizadas na gravación".
O candidato popular sinalou que "esta campaña difamatoria está dirixida por Rafael Rodríguez Villarino para desviar a atención, embarrar a campaña e presentarse como unha víctima ante os veciños de Amoeiro. Nós cumprimos a lei, os prazos e os veciños van a votar ao PP sin necesidade de mangoneos", recalcou José Sampayo.
Deste xeito, o portavoz do PP anunciou tamén que os servizos xurídicos do Partido Popular de Ourense están preparando unha segunda querella criminal (a primeira, por inxurias e calumnias contra María Manuela Días, está pendiente da resolución do acto de conciliación para que retire as súas acusacións) contra o actual alcalde de Amoeiro e candidato socialista, e contra a directora da residencia, por obstrucción á xustiza e simulación de delito. "Estamos ante o alcalde máis peliculero de todos cantos se teñen visto, que trata de montar unha trama falsa", concluiu Sampayo.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: