Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP, preparado para recuperar a Alcaldía de Piñor con Luís González

Imprimir ppou - 31-Outubro-2010 - 09:42:08 

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, asistiu á xuntanza do PP de Piñor na que se acordou que Luís González Rodríguez sexa o candidato popular á Alcaldía nas eleccións municipais de maio de 2011. Luís González, empresario de 42 anos, concelleiro na actualidade, asumiu o reto de devolverlle ao PP a Alcaldía de Piñor poñendo xa en marcha un equipo de traballo co que acadar ese obxectivo.
O candidato popular denunciou a ingobernabilidade que padece o concello de Piñor e a falta de liderado político do alcalde socialista, "desapegado da realidade do concello e desconectado dos cidadáns". Luis González comprometeuse a traballar arreo para que Piñor volva a ser un concello popular, facendo chegar a necesaria mensaxe de cambio político a cada veciño do concello.
Manuel Baltar felicitouno pola forza coa que nace a súa candidatura, polo traballo feito na oposición, e polo achegamento aos cidadáns, que será a marca que distinga ao PP en Piñor doutras opcións políticas. "Chega o momento de afastarse da rutina socialista, da inercia do buenismo, apostando pola solidez dun proxecto, serio e rigoroso, que nace dos cidadáns e para os cidadáns" manifestou o líder popular.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: