Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 As melloras en infraestructuras, a aposta polo aforro enerxético e o benestar dos veciños, piares fundamentais do PP de Melón

Imprimir ppou - 12-Decembro-2014 - 21:10:58 

  • María Cristina Francisco Vílchez foi elixida presidenta local dos populares co 100% de apoio dos votos emitidos
  • O presidente provincial, Manuel Baltar, clausurou o Congreso Local (o número 67 dos realizados polo PPOU) poñendo en valor "que a xestión municipal debe estar sempre apoiada na cooperación coas demáis administracións, co fin de acadar o máximo número de melloras posibles para os veciños"

Melón, 12 de decembro de 2014.- O Mosteiro de Santa María de Melón acolleu esta tarde o Congreso Local do PP de Melón. A única candidatura que concurría a este proceso de elección foi a liderada por María Cristina Francisco Vílchez, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios.

Tras agradecer o respaldo á súa candidatura, a presidenta local e alcaldesa de Melón fixo un repaso á xestión municipal, destacando as melloras viarias nas pistas de Casal, Vivenzo, Covelo, Negrelle, Moces, Portodechan e Quins. Tamén lembrou os traballos de mellora do abastecemento en Barcia, Illa, Erexa, Codesás, Casal, Serra, Portodechan e Quins, así como a de Melón, próxima a rematar. No tocante ao saneamento, recordou que se fixeron traballos en Villaverde, Valmourisco, Negrelle, Costa de Cuco, Retiro, Fontesanta e nas Pozas de Melón. Fixo tamén especial fincapé na aposta polo aforro enerxético en varios núcleos do municipio, tendo en conta, como recalcou María Cristina Francisco, que o recaudado en IBI no municipio equivale á facturación enerxética, de ahí a importancia en recortar gastos para poder acometer outras melloras.

Cristina Francisco sinalou que "pese a que hai algúns que tratan de poñer paus nas rodas para que Melón non avance, nós seguiremos traballando para seguir ofrecendo melloras aos nosos veciños, como é o ximnasio, o centro de día, o camping, o aparcadoiro do Mosteiro, a canceira ou o centro sociocultural, entre outras". Asimesmo, agradeceu o apoio brindado dende a Xunta e o Goberno Central para a posta en valor do Mosteiro de Santa María, así como o apoio contante do presidente provincial, Manuel Baltar.

Precisamente, foi o presidente provincial, Manuel Baltar, o encargado de clausurar o Congreso Local de Melón, lembrando que o de hoxe foi o número 67 dos congresos locais celebrados polos populares ourensáns e poñendo en valor "que a xestión municipal debe estar sempre apoiada na cooperación coas demáis administracións, co fin de acadar o máximo número de melloras posibles para os veciños".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: