Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Xornada de “Alimentación Saúdable” na Escola de Hostelería, organizada pola ROMP

Imprimir ppou - 23-Outubro-2010 - 21:55:35 

A Rede Ourensá de Mulleres Populares (ROMP), creada polo Partido Popular de Ourense co obxectivo de apoiar as políticas sociais dirixidas principalmente á muller, organizou na Escola de Hostelería de Vilamarín unha xornada de "alimentación Saudable", que tivo como obxectivo divulgar as excelencias e beneficios dos produtos naturais.
O programa de actividades incluiu unha conferencia a cargo do presentador do programa "Larpeiros" de TVG, Tomás Alonso, e unha mesa redonda na que participaron os presidentes dos consellos reguladores de "Mel de Galicia" e "Ribeira Sacra", así como representantes da Asociación de Carniceiros e do Instituto do Campo. O programa de actos completouse cun obradoiro de froitas e cunha visita guiada polas instalacións da Escola de Hostelería.
A xornada contou coa presenza de Fina Carrera, coordinadora da ROMP; Manuel Baltar, presidente provincial do PP, e Alberto Otero, director da Escola de Hotelería de Vilamarín, así como co alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez, acompañados por un cento de veciños deste concello e doutros municipios da provincia.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: