Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os Milagros acolle a IV Convención de Cargos Públicos do PPOU

Imprimir ppou - 18-Septembro-2014 - 11:51:36 

  • Este acto do PP de Ourense terá lugar o sábado 20 de setembro e será clausurado polo presidente provincial, Manuel Baltar, e polo presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

  • O vicesecretario xeral do PPOU e a voceira dos populares ourensáns, Jorge Pumar e Cristina Romero, presentaon hoxe en rolda de prensa o programa previsto


Ourense, 18 de setembro de 2014.- O vicesecretario xeral do PPOU, Jorge Pumar; e a voceira dos populares ourensáns, Cristina Romero, compareceron esta mañá en rolda de prensa para informar acerca da próxima Convención de Cargos Públicos do PPOU que se celebrará este sábado, como xa é tradicional nos últimos catro anos, en Os Milagros.

Jorge Pumar explicou que no PP de Ourense “utilizamos a expresión “inicio de curso político” pero todos sabemos que o curso político nunca acaba. Porque a política non admite vacacións, porque a política –entendida como “escoitar á xente”- é a vocación desta formación que ten na cercanía á súa principal característica”.

Os populares ourensáns xuntaranse un ano máis en Os Milagros cun doble motivo:

En primeiro lugar recoñecer o traballo do mellor activo do PP de Ourense: aquelas personas que reciben o apoio directo dos cidadáns co instrumento decisivo en democracia que é a papeleta. Unha labor que nos convertíu na segunda provincia de España en apoio á candidatura popular nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo.

En segundo lugar para renovar a confianza no noso proxecto político e así facelo de novo gañador dentro 248 días, nas vindeiras Eleccións Municipais

 

Jorge Pumar sinalou que o PPOU ten feito nestes meses máis de cincuenta congresos locais, insuflando nova enerxía, retos e desafíos. E seguiremos con esta actividade que prevé rematar este ano 2014 superando os setenta congresos e designando á totalidade dos números 1 das nosas candidaturas para gobernar os 92 concellos da nosa querida provincia de Ourense.

Pola súa banda, a voceira do PP de Ourense, Cristina Romero, explicou polo miúdo o programa previsto para a IV Convención de Cargos Públicos do PPOU.

O evento comezará ás 12.00 horas coa recepción de asistentes. A benvida correrá a cargo de Pablo Pérez, secretario de Organización do PPOU, a partires das 12.30 horas.

A quenda de relatorios dará comezo ás 12.35 horas con Susana Vázquez Dorado, alcaldesa de Porqueira, quen falará de “A importancia da política no rural”.

Ás 12.40 horas, o voceiro do PP en Ribadavia, César Manuel Fernández Gil, falará sobre “Ourense é Cultura”.

A continuación, ás 12.45 horas, a candidta única a presidir o PP de Barbadás, Consuelo Vispo Seara, disertará acerca de “O reto de presidir unha organización política”.

Cinco minutos despois, ás 12.50 horas, a concelleira do PP en Ourense, Beatriz Tejada falará de “A economía nos concellos, un factor clave”.

O último relatorio correrá a cargo de Argimiro Marnotes, alcalde do Carballiño, que falará ás 12.55 horas de “O Termalismo, xerador de riqueza”.

A clausura da convención comezará ás 13.15 horas coa intervención do alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana Nóvoa. A continuación, ás 13.25 horas, será o turno do presidente provincial, Manuel Baltar. Pechará a convención o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ás 13.35 horas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: