Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar afirma que apoiará o proxecto de presupostos da Xunta para 2011

Imprimir ppou - 22-Outubro-2010 - 14:31:10 


Ourense, 22 de outubro de 2010
.- Manuel Baltar dixo hoxe que os orzamentos presentados pola Xunta de Galicia para o ano 2011 son "realistas, cumplibles e os mellores posibles, tendo en conta o escenario económico actual, e non enganan a ninguén". o presidente provincial do PP resaltou que os presupostos elaborados por Núñez Feijóo "non son os orzamentos dos carteis e das primeiras pedras" senón "un proxecto rigoroso que se vai executar".    

O líder popular ourensán salientou que o documento contempla investimentos en todas as comarcas da provincia e recolle gran parte do "mapa de necesidades" de Ourense. Manuel Baltar sostivo que inclúen máis inversións na provincia que os que presentou o Estado no seu proxecto orzamentario e que supoñen un incremento de 15 millóns de euros con respecto á cifra destinada para o ano 2010, recibindo a provincia de Ourense máis do vinte por cento dos investimentos da Xunta para toda Galicia.

Manuel Baltar fixo fincapé no gran número de actuacións que figuran "con nome e apelidos", respostando a accións concretas do goberno, destacando a aposta polo solo empresarial e os proxectos netamente inversores do departamento de medio ambiente, territorio e infraestructuras que comprende políticas en materia de estradas, urbanismo, vivenda e saneamento. Baltar valorou positivamente as previsións de consellerías como a de Educación, coa construcción de novos centros en Barbadás e Celanova, ou a de Sanidade, cos novos centros de saúde en Pontedeva, Ribadavia e no barrio do Vinteún na capital ourensá.

Todo élo dentro dunha aposta total do executivo autonómico pola blindaxe do gasto en materia social e a decisión de acometer o novo edificio xudicial, cun investimento superior aos 18 millóns de euros, paralizado polo de agora "dada a torpeza e ineficiencia" do goberno da cidade no procedemento de cesión dos terreos, ineficacia que retrasou tamén que se licitara xa o centro de saúde previsto para o barrio do Couto.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: