Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU fundamenta nas súas 10 alegacións que o Orzamento 2014 do Concello de Ourense incumple necesarios requisitos legais, o que debería supoñer a súa devolución para a aprobación dun novo proxecto

Imprimir ppou - 20-Agosto-2014 - 13:10:20 

  • Rosendo Fernández e Beatriz Tejada explicaron polo miúdo as 10 alegacións dos populares e manifestaron que "non podemos ser cómplices da ilegalidade na que o Goberno de Ourense instala os Orzamentos do Concello"

Ourense, 20 de agosto de 2014.- O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ourense, Rosendo Fernández, e maila concelleira Beatriz Tejada compareceron esta mañá en rolda de prensa para dar conta das alegacións que o Grupo Municipal do PP presentou en tempo e forma aos Orzamentos do Concello de Ourense para 2014, que foi aprobado inicialmente por unha mínima representación do PSOE na Xunta de Goberno Local do pasado 21 de xullo, pese a supoñer case 104 millóns de euros, despois de ser rexeitado pola totalidade da oposición seis días antes, no pleno do 15 de xullo.

Rosendo Fernández sinalou que, aínda que as alegacións dos populares van na mesma liña que as emendas presentadas no seu día, levan importantes incorporacións a xulgar polos acontecementos recentes na vida municipal, coñecidos e acontecidos despois daquel 15 de xullo.

Deste xeito, o Grupo Municipal do Partido Popular presentou un total de 10 alegacións. As catro primeiras, analizou Rosendo Fernández, están fundamentadas por non terse axustado a elaboración e aprobación dos Orzamentos aos trámites legais, e son as seguintes:


1.- Incompetencia para os orzamentos 2014. Só os "inmediatos seguintes" (2015):

O texto da disposición adicional decimosexta da Lei de Bases de Réxime Local (LBRL) é claro ao sinalar cal é a competencia que podería, cumprindo unha serie de requisitos, exercer a Xunta de Goberno Local en sustitución do Pleno.

Sinala claramente que poderá aprobar "a) O orzamento do exercicio inmediato seguinte, sempre que previamente exista un orzamento prorrogado".


Unha lectura sinxela e literal da norma aclara as diferentes cuestións e dúbidas xurdidas sobre a eficacia temporal da Lei 27/2013, e os orzamentos municipais. Entrando en vigor esta Lei o 01 de xaneiro de 2014, só o orzamento do ano 2015 podería ser obxecto de aprobación pola Xunta de goberno local, e non así o do ano 2014.

En definitiva, o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local é nulo por ausencia de competencia para a aprobación inicial dos orzamentos municipais do ano 2014.


2.- Falta de informe de Intervención sobre o procedemento de aprobación:

Apréciase a ausencia dun informe previo e escrito sobre o proxecto presupuestario de 2014 por parte da Intervención para a súa aprobación na xunta de goberno, pois nin puido pronunciarse sobre a tramitación dese orzamento (-en canto existencia ou non de competencia pola xunta de goberno para aprobar o orzamento do ano en curso-), nin sobre os efectos que sobre ese orzamento ha ter a sentenza do TSJ sobre a RPT do Concello e a nulidade de 41 postos de traballo, emitida e notificada con anterioridad ao acordo de aprobación inicial pola Xunta (21/07/2014) e que altera o contido do anexo de persoal, o que constitúe un defecto formal invalidante.

Efectivamente, aínda que os informes do oficial maior e secretario xeral son útiles e ilustrativos, só o informe do Interventor é preceptivo, e a súa ausencia é invalidante. E é claro que o inicial informe do Interventor non puido analizar nin ter en conta nin a intención de someter o orzamento municipal a aprobación pola Xunta de Goberno Local nin os efectos da Sentenza antes referida nin a proposta de modificación da RPT para cumprir a Sentenza.

Tamén, ao non haberse procedido na Xunta de Goberno Local a votar as enmendas presentadas polos diferentes grupo políticos, formando estas parte do documento do orzamento, tal e como o expresa no seu informe de data de 18 de xullo de 2014 o Secretario Xeral do Pleno, estas enmendas (que formarían parte do orzamento municipal a aprobar pola Xunta de Goberno Local) debían ser informadas tamén polo Interventor municipal, con carácter previo á súa aprobación ou rexeitamento.


3.- Erro procedemento de aprobación dos orzamentos pola Xunta de Goberno Local (resolución das alegacións-reclamacións):

Consultada a lexislación vixente e vistos dous informes da Dirección Xeral dos Servizos Xurídicos e Coordinación Territorial da FEMP, sobre a posibilidade de que a Xunta de Goberno poida aprobar os orzamentos trala entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de Racionalización e Sostenibilidad da Administración Local (LRSAL), consideramos un erro de procedemento si o equipo de goberno resolve directamente as alegaciones-reclamaciones presentadas ao orzamento inicial na Xunta de Goberno Local, sen pasar anteriormente polo pleno, como indica o informe do Secretario Xeral do Pleno.


4.- Ausencia de negociación colectiva do capítulo 1 dentro da mesa de negociación.

Que determina a ausencia do procedemento establecido para á súa aprobación por falta da preceptiva negociación coas organizacións sindicais esixido polo Estatuto Básico do Empregado Público.

As cinco seguintes alegacións que explicounas a concelleira Beatriz Tejada, e están fundamentadas por ser de manifesta insuficiencia os ingresos con relación aos gastos presupostados ou ben destes respecto de as necesidades para as que estea previsto. Son as seguintes:


5.- Capítulo 1 (persoal):

Obsérvanse diferenzas entre a previsión presupuestaria e a estimación efectuada polo departamento de Intervención, xa que este orzamento non foi elaborado conforme dispón a normativa vixente en canto aos seus contidos e, en concreto, ao capítulo I referido a persoal segundo datos que obran en Intervención Municipal recollidos no seu informe de fiscalización para o proxecto inicial de orzamentos, destaca as discrepancias existentes entre os servizos que figuran nos estados de gastos e os que se trasladan ao anexo de persoal que atentan contra o artigo 18.1 do RD 500/90 de 20 de abril que desenvolve o Capítulo primeiro do Título sexto da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, en materia de orzamentos e que establece no seu apartado c) que o orzamento ha de incorporar un anexo de persoal da Entidade local, en que se relacionen e valoren os postos de traballo existentes na mesma, de forma que se dea a oportuna correlación cos créditos para persoal incluídos no Orzamento.

Así mesmo constátase que non se ten en conta a Lei Xeral Presupuestaria que di que ademais da conxelación salarial, os Concellos han de desdotar e amortizar todos aqueles postos que non se poidan cubrir a través das diferentes probas selectivas o que, segundo o referido informe da intervención, implica un exceso de previsión de gasto nun orzamento que xa de por si vulnera a regra de gasto porque dota créditos presupuestarios por encima dos límites dos gastos non financeiros aprobados polo pleno da Corporación.


6.- Insuficiencia de créditos para atender obrigacións recoñecidas (SOGAMA):

Consistente nunha capacidade de gasto insuficiente no borrador presupuestario para facer fronte ao incremento  do canon de SOGAMA a repercutir aos concellos galegos a partir do 1 de marzo de 2014, cifrado nun 34% en virtude da Disposición Adicional vixésimo primeira da lei 11/2013 de 26 de decembro.


7.- Por ingresos irreais en base a unha insuficiente xustificación de ingresos para asegurar o equilibrio presupuestario:

Xa que á vista das previsións de ingresos efectuadas e segundo informe de intervención 514/14 de fiscalización do proxecto de orzamentos xerais está alzada a previsión realizada en concepto de ingresos polo imposto sobre construcións, instalacións e obras cifrado en 600.000,00€, cantidade que parece ilusoria tendo en conta que as devolucións a practicar só por este concepto con base nas reclamacións formuladas por Hipercor e pola Xunta de Compensación do sector "Fosillón- A Farixa"  ascenden a 1.445.621,26 euros sobre unha recaudación obtida no exercicio 2013 de 321.936,93 euros.


8.- Incumplimiento obxectivo estabilidade presupuestaria.

Que introduce a Ley Orgánica de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera (LOEPSF) entendendo como tal a situación de equilibrio ou superávit estructural. Xa que o proxecto de orzamentos presentado  conleva desequilibrio entre os ingresos e gastos de natureza non financeira, de forma que os recursos correntes e de capital resultan insuficientes para facer fronte aos gastos correntes e investimentos, porqué si atémosnos/atémonos ao proxecto presentado e unímoslle as modificacións presupuestarias previamente aprobadas ata a data, o cumprimento da citada estabilidade presupuestaria ten un déficit de 11.373.784,43€.


9.- Incumplimiento da regra de gasto.

Con exceso no límite de 29.856.518,45€  si temos en conta o proxecto presentado e unímoslle as modificacións presupuestarias previamente aprobadas ata a data, incumprindo o acordo plenario de 2 de maio de 2014 onde se aprobou por maioría absoluta un teito de gasto para 2014 con votos a favor do Partido Popular e de PSdeG.


En consecuencia a todo o exposto, a última alegación dos populares é a seguinte, tal e como explicou o portavoz, Rosendo Fernández:


10.- Devolución do orzamento aprobado inicialmente pola xunta de goberno local:

Consideramos que o Orzamento municipal para o 2014, inicialmente aprobado en Xunta de Goberno Extraordinaria o pasado 21 de xullo de 2014, incumple necesarios requisitos legais referidos nos anteriores apartados, o que debería supoñer o seu devolución para a aprobación dun novo proxecto que se axuste aos mesmos para o seu remisión ao Pleno a fin da súa aprobación inicial.


Por todo isto, o Grupo Municipal do PP de Ourense solicita no seu escrito de prensentación das alegacións o seguinte:

Que sexan admitidas estas alegaciones aos Orzamentos Xerais do Concello de Ourense para o 2014, e na súa virtude, ordénese a subsanación de cantas deficiencias foron constatadas, así como en particular, todas cantas actuacións administrativas resulten invalidadas por erros manifestos de procedemento, que permitan a introdución das modificacións necesarias para cumprir coa lexislación vigente en materia de xestión presupuestaria.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: