Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU se congratula de que por fin comece a adaptarse o mobiliario lúdico dos parques infantís de Ourense para os nenos con necesidades educativas

Imprimir ppou - 21-Xullo-2014 - 09:58:35 


  • Despois de que os populares defenderan unha moción para este fin en febreiro de 2013, case ano e medio despois comeza a cumprirse pouco a pouco aquel acordo plenario

Ourense, 21 de xullo de 2014.- Case ano e medio despois de que PSOE e BNG (DO a rexeitara) apoiasen cos seus votos unha moción do Grupo Municipal do Partido Popular na que se pedía que se dotasen os parques infantís de tódolos barrios da cidade de mobiliario lúdico adaptado a nenos con necesidades educativas, parece que aquel acordo plenario de febreiro de 2013, gracias á moción defendida pola viceportavoz dos populares, Belén Iglesias, comeza a cumprirse, por incrible que pareza dada a traxectoria do Goberno minoritario de Ourense.

Segundo constatan os concelleiros populares que asisten cada semana á xunta de área de Medio Ambiente, José Luis Valcarce e Carmen Carballo, a Concellería de Medio Ambiente comezará a adaptar o mobiliario lúdico en cinco parques da cidade. Noticia inusual porque é positiva, sen dúbida, no contexto de absoluta inacción e parálise na que se atopa sumido o Concello de Ourense. "Se estes parques van a contar con mobiliario adaptado será gracias á labor de fiscalización do PPOU", di Belén Iglesias e, apelando ao principio de inclusión (concepto pedagóxico), explica que "somos conscientes de que a vida útil deste mobiliario lúdico infantil é moi curta, por eso propoñemos que se vaian incorporando estes balancíns na medida das posibilidades municipais e que cando se teña que reparar algún se substiúa por outro adaptado a nenos con necesidades educativas". Lembrando e recomendando Belén Iglesias que non se repitan inversións como a realizada no Parque de San Lázaro no anterior mandato municipal, onde se invertiron 300.000€, dos que 187.000€ se adicaron a mobiliario infantil, pero que non estaba adaptado en ningún caso aos nenos con necesidades especiais.

Por último, a concelleira Belén Iglesias recoméndalle ao goberno en minoría absoluta do Concello de Ourense "que se deixen de loitas internas e de poñerse zancadillas entre eles mesmos e pasen a ocuparse dunha vez dos problemas reais dos veciños da cidade. E, no tocante aos parques infantís, hai moito que facer. Basta pasear, sen ir máis lonxe, pola Alameda para descubrir restos do Botellón nas fins de semana. Ou mobiliario estragado como o que mostramos non hai moito no pleno".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: