Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O precinto dos contenedores soterrados é consecuencia da falta de mantemento de seguridade por parte do Concello

Imprimir ppou - 18-Xullo-2014 - 12:05:28 

  • Rosendo Fernández tamén valorou como "gravísima" a sentencia firme que anula 41 postos de traballo e o que é peor: que esa sentencia firme se ocultara por parte do Goberno Municipal, a cal condicionaría o pleno de Orzamentos

Ourense, 18 de xullo de 2014.- O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, compareceu esta mañá para dar conta do precinto dos contenedores soterrados e, a preguntas dos xornalistas, para valorar a sentencia firme do TSXG que anula 41 postos de traballo no Concello.

Rosendo Fernándes sinalou que os contenedores soterrados están precintados, sen máis explicacion que "fóra de uso temporal". Ten que ser o Grupo Municipal do Partido Popular, forza maioritaria deste Concello, os que lles expliquen a verdade deste asunto.

Na cidade existen un total de 82 contenedores soterrados distribuidos en 46 "islas". A meirande parte dos mesmos foron instalados en 2003 (salvo so das rúas avenida de Marín, Francisco Llorens, Camelias, Dali, Praza da Chave e Florentino Cuevillas, que foron instalados con posterioridade) . Supuxeron unha inversión total de 1.640.000 euros (20.000 euros por equipo), e similares aos que temos aquí tamén os teñen en outras cidades como vigo, Sanxenxo, Santiago, Lugo, A Coruña ou Oporto.

Estas instalacións están reguladas polo Real Decreto 2291/1985, de 8 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de aparatos de Elevación e Manutención, que establece:

"que o propietario dos equipos ten que manter en todo momento o bo estado e funcionamento dos mesmos e impedir a súa utilización cando non se poida garantizar a súa seguridade".

Aquí é onde se sitúa a problemática:

É necesario realizar un Plan de mantemento dos equipos, que asegure que a conformidade inicial da instalación perdura durante toda a vida do equipo. É importante que os equipos de traballo sexan mantidos de xeito que a súas características non se degraden ata o punto de poñer en risco ás persoas debido a situacións perigosas.

De feito, o último mantemento realizado pola empresa instaladora data de 2008. Tres anos despois, en agosto de 2011, esta empresa rexistrou unha carta advertindo ao equipo de goberno da grave situación xerada por tres anos de falta de mantemento.

A solución, ten un custe: 150.000€, debido ao deterioro causado pola falla de mantemento dos equipos a día de hoxe. Pero señores: nun orzamento do grupo de goberno de 103 millóns de euros, non existe nin rastro desta partida.

De feito, se o mantemento fose regular, bastarían 36.000€ cada ano. Pero a inacción e a desidia do goberno minoritario de Ourense obviou sempre esta posibilidade.

Pero o máis grave de todo é que, debido a esta falta de xestión, de previsión e de dotación orzamentaria, o que está en risco é a seguridade dos traballadores de Ecourense. De feito, o precinto dos contenedores ten un motivo directo: o departamento de riscos laborais esixiu o precinto destas instalacións, debido á falta de mantemento, polo risco que pode supoñer a manipulación dos mecanismos por parte dos operarios á hora de baleiralos. De feito, a empresa Ecourense négase a realizar este traballo, precisamente polo risco existente, precisou Rosendo Fernández.

"Esto, señores e señoras, é gravísimo e ninguén do goberno minoritario e desnortado de Ourense asume responsabilidade algunha".




Valoración sentencia TSXG

Rosendo Fernández precisou que hai moito, moito tempo que o Grupo Municipal do PP leva dicindo que facía falta facer unha nora RPT no Concello de Ourense. E hoxe se confirma.

"Na pasada sesión plenaria do 15 de xullo, cando debatimos as emendas do Orzamento, PSOE e BNG denegaron unha das nosas emendas, na que pedíamos elaborar unha nova RPT. E o que é máis grave, sendo coñecedor o equipo de goberno desta sentencia demoledora, notificada ás partes o 3 de xullo.

É lamentable que o alcalde non dé a cara ante un feito deste calibre e non informe directamente nin aos cidadáns nin aos propios afectados por esta sentencia. Na Deputación, sen ir máis lonxe, o seu responsable dá a cara aínda que as sentencias veñan mal dadas", dixo o portavoz dos populares.


"Acabamos de pedir por rexistro un certificado ao señor Secretario do Pleno se tiña coñecemento desta sentencia antes do pleno extraordinario de Orzamentos do martes 15 de xullo. Se o goberno municipal ocultou esta sentencia, puxo en serio risco a toda a Corporación, xa que de resultar aprobado o Orzamento, todo aquel que levantase a man, ¿tería incurrido nun delito de prevaricación?.

Tamén acabamos de pedir a convocatoria de xunta de portavoces para que se nos informe de xeito inmediato das accións que se van a tomar ao respecto dende o goberno municipal", dixo Rosendo Fernández.

E, por último, o portavoz do PPOU esixiu que o alcalde inste á súa xefa política, a señora Rguez Dacosta, responsable de Persoal, a que solucione este asunto de inmediato. Que algo terá feito nos 15 días que levamos coa sentencia dictada e notificada, tendo en conta, ademáis, que o seu traballo nos custa 60.000€/ano a tódolos ourensáns


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: