Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Comunicado do Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense ante a situación do Clube Ourense Baloncesto (COB)

Imprimir ppou - 14-Xullo-2014 - 13:42:08 

Ante a delicada situación que está atravesando o Clube Ourense Baloncesto (COB), o Grupo Municipal do PP de Ourense quere manifestar o seguinte:

-Que o enorme retraso á hora de elaborar e aprobar os Orzamentos Municipais de 2014 é a causa principal pola que o Clube Ourense Baloncesto non tivera recibido a subvención anual do Concello.

-Que o Concello de Ourense, co-propietario do Clube Ourense Baloncesto (COB), está pendiente de resolver a convocatoria de axudas, ao ser concurrencia competitiva, sen saber a día de hoxe a cantidade exacta para o COB, cun enorme perxuizo para este clube e o resto de entidades deportivas da cidade.

-Que a outra co-propietaria do COB, a Deputación Provincial de Ourense, xa abonou en tempo en forma os 216.000€ que consignou para o apoio ao principal clube de baloncesto da provincia.

-Que tendo en conta que os Orzamentos Municipais serán sometidos mañá a pleno para a súa aprobación inicial, e que despois deste trámite aínda terían que presentarse alegacións previas á súa aprobación definitiva, nunca sería antes de setembro cando a partida económica puidera ser efectiva.

-Que o Grupo Municipal do PPOU anuncia que mañá, no debate plenario, rexeitará a emenda presentada polo Grupo Municipal do BNG, na que solicita a redución da partida de patrocinio Ourense Termal en 40.000€. Os populares defenden que se manteña este compromiso municipal adquirido polo ben do COB e da súa afición.

-Que os populares sempre esixiron que os Orzamentos Municipais se presentaran conforme á legalidade, co fin de que estivesen aprobados e en vigor a 1 de xaneiro no ano en curso e para que non aconteceran estes problemas. Os populares defenderon mocións e incluso solicitaron un pleno extraordinario para este fin o 27 de decembro de 2013, sen que o Goberno Municipal tivese en conta estas lexítimas reivindicacións fundamentais para o Clube Ourense Baloncesto.




Ourense, a 14 de xullo de 2014


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: