Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Termalismo, clave para a promoción exterior de Galicia e Ourense, centra a segunda xornada da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco"

Imprimir ppou - 12-Xullo-2014 - 22:03:56 


  • A secretaria xeral para o Turismo da Xunta, Nava Castro, anunciou que o Plan Termal Provincial, promovido pola Deputación de Ourense, irá ao Consello da Xunta o próximo xoves e conlevará unha comisión de seguimento para o seu óptimo desenrolo

  • Precisamente, o Plan Termal Provincial centrou o segundo relatorio da xornada, a cargo de Argimiro Marnotes e presentado por Rosendo Fernández

O Carballiño, 12 de xullo de 2014.- A Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco" continuou hoxe na Casa da Cultura do Carballiño coa súa segunda xornada, onde o Termalismo tivo un protagonismo fundamental nas dúas ponencias que se levaron a cabo.

A primeira ponencia, a cargo de María Nava Castro Domínguez, secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, foi presentada polo parlamentario autonómico Moisés Blanco Paradelo, quen lembrou a súa importante labor a prol do turismo e o comercio -destacou o apoio da súa xestión ás prazas de abastos-, cun importante pulo ás políticas encamiñadas a reforzar ámbolos dous sectores en Galicia.

Durante a súa intervención, Nava Castro agradeceu ao PPOU a súa iniciativa formativa da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco", e especialmente ao presidente provincial, Manuel Baltar, por adicar esta edición ao Turismo. Recalcou que o turismo é unha materia transversal nas políticas executadas pola Xunta de Galicia, clave para dinamizar a Economía galega e que representa o 11,92% do emprego galego, cunha importante ferramenta como é o Plan Integral de Turismo 2014-2016, coa participación de empresas e sectores estratéxicos, así como 140 axentes de ámbito internacional. "É un plan que temos para ser cumprido, cunha comisión de seguimento que fixa os graos de cumprimento, así como os erros que deben ir sendo subsanados", recalcou Nava Castro, quen centrou o seu relatorio neste ambicioso plan. "É algo que ten que ser práctico, medible e obxetivable. Temos tanto potencial en Galicia que debemos promocionalo e comercializalo cara fóra. Sacar o mellor de nós e amosalo ao mundo". O Camiño de Santiago é o máximo referente, con 130 concellos implicados, un vector clave para posicionar a Galicia cara o exterior, así como os recursos endóxenos galegos (praias, riqueza natural, patrimonial, termal, gastronomía, etc). No eido do Termalismo, Nava Castro manifestou a necesidade de "diferenciarnos e posicionarnos como destino turístico termal de calidade, pois non hai que confundir nunca o termalismo cos spas".

Precisamente, Nava Castro anunciou durante a súa intervención que o Plan Termal Provincial de Ourense, presentado pola Deputación de Ourense o pasado 4 de febreiro, irá ao Consello da Xunta para fixar os compromisos do Executivo Galego, o que conlevará posteriormente unha comisión de seguimento para o seu óptimo desenrolo.

A segunda ponencia da xornada xirou en torno ao Plan Termal Provincial. Presentado polo secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, o encargado de analizar este documento foi Argimiro Marnotes. Rosendo Fernández na súa presentación ensalzou o Termalismo ourensán, "o mellor do mundo, unha materia fulcral para Ourense", dixo, cunha importante pegada na provincia, exemplificándoa no "Campus da Auga" e na vila no Carballiño, sede da Escola de Verán e municipio de orixe do deputado provincial responsable de Termalismo, Argimiro Marnotes Fernández, quen desgranou polo miúdo o Plan Termal Provincial na súa intervención.

Durante o seu relatorio, ensalzou a enorme riqueza termal da provincia e do Carballiño en particular, anunciando unha próxima modificación do PXOM para reconvertir unha parcela de zona verde en parcela de uso dotacional para o seu aproveitamento termal e comercial.

Dende a súa condición de deputado provincial, manifestou que "a Deputación de Ourense pasou das palabras aos feitos, dotando orzamentariamente unha partida para termalismo saudable, algo que o sector demandaba", con axudas para axilizar as reservas nos balnearios da provincia. Ademáis, lembrou a importancia do Plan Termal Provincial, "que xurde dun diagnóstico da calidade das augas, dos nosos recursos, das demandas dos axentes e da oferta actual. Con importantes accións a desenvolver e o desenrolo dunha marca termal partindo sempre dende a planificación ata o 2020, coa implicación de diferentes administracións, empresarios e axentes termais, implicando ademáis ao sector da Hostelería e Comercio". "Temos que convertir os nosos recursos termais e productos turísticos que leven a nosa provincia polo mundo adiante", dixo Argimiro Marnotes.


Xornada de clausura


O programa previsto para mañá, domingo 13 de xullo é o seguinte:


11.30 horas. Mesa redonda "O Turismo, presente e futuro de Ourense", coas intervencións de:

- José Manuel Rodríguez González

- María del Carmen Pardo López

- María del Carmen Yáñez Salgado

Moderador: Miguel Ángel Santalices Vieira



12.30 horas. Acto de Clausura. Interveñen:

- Manuel Baltar Blanco (presidente provincial do PPOU)

- Pedro Puy Fraga (voceiro do Grupo Parlamentario Popular)


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: