Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar defende o peso específico do territorio na programación das políticas públicas

Imprimir ppou - 21-Outubro-2010 - 19:25:49 

O presidente do PP de Ourense e vicepresidente do Parlamento de Galicia, Manuel Baltar, deu hoxe una conferencia na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, na que disertou sobre "A política autonómica e provincial no século XXI". Presentado pola decana da facultade, Nieves Lagares, Manuel Baltar fixo un percorrido pola evolución do estado autonómico e a distribución competencial entre as diferentes administracións territoriais.
Manuel Baltar aludíu á necesaria "segunda descentralización" cara aos concellos, como entes públicos máis achegados aos cidadáns, e reivindicou a necesidade de investimentos públicos "como polo de atracción para frear o despoboamento das provincias do interior". O presidente do PP ourensán fixo fincapé nun discurso político "que contemple como destinatario final das políticas públicas aos cidadáns pero sen esquecer o feito territorial". "Nun escenario con 92 concellos, 4 provincias, 17 comunidades autónomas e 27 países membros da Unión Europea faise necesario artellar políticas que simplifiquen trámites ante as administracións e revertan verdadeiramente nas melloras socio-económicas con normativas que aclaren e non compliquen máis a multiplicidade de esferas públicas", afirmou.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: