Noticias
Blog
![Homenaxe Entrimo](gfx/Blog/Image/Varios/Homenaxe%20Entrimo.jpg)
Entrimo, 8 de outubro de 2010.- A Rede Ourensá de Mulleres Populares (ROMP), creada polo Partido Popular de Ourense co obxectivo de apoiar as políticas sociais dirixidas principalmente á muller, ven de poñer en marcha unha iniciativa que pretende render homenaxe ás mulleres e homes centenarios da provincia de Ourense, con fin de agradecerlles publicamente no seu concello de residencia o traballo realizado ao longo da súa vida.
Por medio de actos sinxelos que se organizarán no ámbito familiar e social dos homenaxeados, a ROMP failles entrega aos centenarios dun diploma no que se lle recoñece "esa labor calada, efectiva e de sacrificio que durante toda a vida realizaron a prol da súa familia, o seu traballo e o seu entorno social", explica Fina Carrera, coordinadora da Rede Ourensá de Mulleres Populares.
Esta tarde, precisamente, terá lugar en Entrimo o acto de entrega do diploma á veciña centenaria entrimeña Digna Rodríguez, acto que contará coa presenza de familiares da homenaxeada, cargos públicos locais, entre eles a portavoz do PP en Entrimo, Palma Ferreira, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e veciños e amigos de Digna Rodríguez.
Esta iniciativa de homenaxe aos centenarios, xunto coa creación do Consello Consultivo Asesor do PP de Ourense, ten como obxectivo poñer en valor o traballo e a experiencia dos nosos maiores, en xeral, e tamén dos homes e mulleres que ao longo dos anos ocuparon cargos políticos no Partido Popular.
A ROMP quere, ademais, rachar coas barreiras en materia de desigualdade e abordar problemáticas comúns no ámbito da igualdade de xénero. Desta maneira, farase unha intensa política de comunicación entre as mulleres, coa formación e o intercambio de experiencias como obxectivo fundamental.
Entre os próximos actos da ROMP figuran unha xornada de "Alimentación saudable", que terá lugar o vindeiro 23 de outubro na Escola de Hostalaría de Vilamarín, cunha conferencia a cargo de Tomás Alonso, presentador do programa "Larpeiros" da TVG, e unha mesa redonda sobre "Os beneficios para a saúde dos produtos da comarca", a cargo de representantes do Consello Regulador da Mel de Galicia, do Consello Regulador Ribeira Sacra, do Instituto do Campo e da Asociación de Carniceiros de Ourense. As actividades rematarán cun "Obradoiro de froitas", a cargo de profesores da Escola de Vilamarín.
A ROMP está coordinada por Fina Carrera, membro do Comité Executivo Provincial do PP de Ourense e concelleira na Merca. Os temas principais no que traballa a Rede refírense a formación, cultura, empresa, emprego, organización de conferencias e foros de actualidade, e temas sociais. Ademais realízanse visitas a institucións e entidades que afondan no coñecemento do entorno sociopolítico provincial, e encontros locais e comarcais que contribúen a reforzar os vínculos sociais, culturais e económicos da zona.
As destinatarias da Rede son principalmente as mulleres da provincia de Ourense, interesadas en mellorar a realidade social, política e cultural da nosa provincia no que atinxe á muller, e tamén vai dirixida a Rede aos colectivos que traballen no eido da igualdade e que desexen pertencer á rede para establecer sinerxias de desenvolvemento socioeconómico.