Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Primeiro acto da Rede Ourensá de Mulleres Populares (ROMP)

Imprimir ppou - 06-Maio-2010 - 23:39:14 

A Rede Ourensá de Mulleres Populares (ROMP), creada polo Partido Popular de Ourense co obxectivo de apoiar as políticas dirixidas á muller e identificar as necesidades e problemáticas concretas que teñen as mulleres en cada comarca da provincia de Ourense, celebrará o seu primeiro acto mañá venres, 16 de abril, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de O Carballiño, coa presenza da secretaria xeral de Benestar e Servizos Sociais da Xunta de Galicia, Susana López Abella.
Esta iniciativa persigue ROMPer coas barreiras en materia de desigualdade e abordar problemáticas comúns no ámbito da igualdade de xénero. Coa ROMP farase unha intensa política de comunicación entre as mulleres, coa formación e o intercambio de experiencias como obxectivo fundamental. A ROMP constituirá un referente para outras provincias e outros escenarios territoriais, dado o dinamismo desta medida, que é especialmente necesaria en zonas do rural onde o despoboamento é unha realidade dramática.

Esta iniciativa está a ter unha excelente acollida entre todos os colectivos e asociacións de mulleres que mantiveron unha xuntanza co presidente provincial do PP, Manuel Baltar, no marco dos “Encontros Sectoriais” que o partido organiza periodicamente en Ourense para pulsar a opinión da sociedade ourensá.

A ROMP, que está coordinada por Fina Carrera, membro do Comité Executivo Provincial do PP de Ourense e concelleira na Merca, permitirá organizar, xestionar con achegamento e simplicidade as demandas dos diferentes colectivos de mulleres, dado que ao ter carácter comarcal, as peticións poderán realizarse con máis rapidez e menos burocracia. Os temas principais no que traballará a Rede Ourensá de Mulleres Populares refírense a formación, cultura, empresa, emprego, organización de conferencias e foros de actualidade, e temas sociais. Ademais realizaranse visitas a institucións e entidades que afonden no coñecemento do entorno sociopolítico provincial, e haberá encontros locais e comarcais que contribúan a reforzar os vínculos sociais, culturais e económicos da zona.

As destinatarias da Rede son principalmente as mulleres da provincia de Ourense, estea ou non afiliada ao PP, interesada en mellorar a realidade social, política e cultural da nosa provincia no que atinxe á muller, e tamén vai dirixida a Rede aos colectivos que traballen no eido da igualdade e que desexen pertencer á rede para establecer sinerxias de desenvolvemento socioeconómico.

Todos os colectivos de mulleres consultados polo Partido Popular de Ourense coincidiron na necesidade de poñer en marcha políticas efectivas en favor da igualdade para que a muller siga incrementando o seu protagonismo na vida pública e social da provincia de Ourense. Neste senso, o feito de crear a Rede Ourensá de Mulleres Populares para ter en cada comarca de Ourense a un grupo de mulleres “que tire por esa zona”, contribuirá tamén a fixar poboación no rural e evitar a despoboamento e a fuxida dos xoves e as familias cara ás cidades. As xuntanzas da ROMP –que o venres comezan no Carballiño- terán carácter itinerante, para que o protagonismo sexa das mulleres de todos os concellos e comarcas de Ourense.

Programa do acto:

Venres, 16 de abril, 20.30 horas. Casa da Cultura de O Carballiño


20.30 h:     Presentación do acto a cargo de Argimiro Marnotes,
        presidente comarcal do PP de O Carballiño.

20.35 h:     Presentación da Rede Ourensá de Mulleres Populares,  a
         cargo de Fina Carrera, coordinadora da Rede.

20.45 h:     Presentación da relatora, a cargo de Manuel Baltar,
         presidente provincial do PP de Ourense.

20.55 h:     Conferencia-coloquio de Susana López Abella, secretaria
         xeral de Benestar e Servizos Sociais da Xunta de Galicia:
        "A Muller e os Servizos Sociais en Galicia".

21.15 h:     Coloquio.

21.30 h:     Fin do acto.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: