Noticias
Blog
Miranda: “Allariz debe máis diñeiro do que dispoñerá no seu Orzamento para 2011”
Segundo Miranda, o concello de Allariz debería dispoñer, ao menos, de 1,7 millóns de euros en contas para pagar as obras que lles subvencionaron e a súa tesorería, en cambio, só dispoñía de 39.000 euros repartidos en 19 contas bancarias.
Para o popular, é inaudito, polo tanto, que o BNG en Allariz gastase case todo ese diñeiro que por lei debería estar dispoñible para pagar os compromisos adquiridos respecto ás subvencións do 100% do importe que costan as obras do Festival de Xardíns e do parque empresarial de Chorente.
Segundo Miranda, para os populares, o único enemigo para chegar a tal situación foi o criterio do goberno do BNG, o que se denomina caixa única, é dicir, os billetes que unha administración da ao Concello para realizar un gasto ou inversión calquera, efectivamente, non teñen que gastarse niso. Pero, como salienta o popular, a Administración debe dispoñer igualmente dese diñeiro para responder aos pagos do que se lles subvenciona.
O CONCELLO: MAL PAGADOR
Miranda tamén criticou que no presuposto ordinario, o Concello cobra nunha media de 45 días e paga nunha media de 177 días, polo tanto, os nacionalistas son uns mal pagadores que xogan co diñeiro dos demais para ir tapando como poden a súa descontrolada xestión económica.
Así mesmo, en presupostos pechados, cobran o 29% do que lles deben e pagan o 57% do que deben, algo que non é creíble e polo tanto a conclusión só pode ser que din que lles deben cartos que non lles deben para que a súa xestión non reflicta un déficit enorme.
SALDOS DE DUBIDOSO COBRO A EFECTOS DE REMANENTE DE TESORERÍA
Por outra banda, o dirixente popular tamén fixo fincapé nos saldos de dubidoso cobro do Concello, xa que sumando, no ano 2010, o derivado dos exercicios de 2009, 2008, 2007 e anteriores, é problabe que Allariz cobre 1,1 millón de euros, co que o resto ata o que se lle debe ao Concello, que son 6,6 millóns de euros, pode ser de dubidoso cobro. É dicir, un total de 5,4 millóns.
Non obstante, como destacou Miranda, o que o Concello deu como de dubidoso cobro foi tan só 996.290 euros. Segundo Miranda, o criterio de dubidoso cobro debería ser fixado cada ano nas bases de execución do presuposto e considera que se Allariz non o fixa é porque a omisión pode considerarse un olvido pero se se explicita, todos sabemos que prescriben todas as débedas cuxa antigüidade sexa superior a 4 anos, salvo notificación expresa, que se sabe que non se fai.
Como indica Miranda, ao peche de 2009, inevitablemente, só poden considerarse cobrables os últimos catro exercicios: 2009, 2008, 2007 e 2006. Os saldos que deberían considerarse de dubidoso cobro serían os pendentes de cobro dos exercicios anteriores.
O Concello só deu de dubidoso cobro os dos exercicios anteriores ao 2000 (con máis de dez anos), que son os 996.290 euros que poñen de dubidoso cobro na Remanente da Tesorería. Segundo Miranda, o Concello esqueceu, por tanto, sumar como de dubidoso cobro os exercicios de 2005, 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000, o que supón unha cantidade de 2 millóns de euros máis.
En consecuencia, o dubidoso cobro ao peche da contabilidade de 2009 en Allariz, cun criterio estricto, axustado á execución dos presupostos, son os susoditos 5,4 millóns de euros.
O VERDADEIRO REMANENTE DA TESORERÍA
No que atinxe ao remanente da tesorería, Miranda lembrou que o alcalde, o pasado 30 de abril, negou que tiveran un remanente negativo por case 1,3 millóns, como os populares lle advertiran naquel momento. Non obstante, meses máis tarde rinden eles mesmos ese importe que adiantaba o PP e camuflan unha cuantía maior que, segundo un criterio estrito sería semellante a 6,9 millóns de euros ou a 4,5 millóns, segundo un criterio máis optimista.
Para Miranda, isto é inaceptable e insostible e considera que o Goberno de Allariz non está en boas mans mentres estea xestionado polos nacionalistas.