Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense convoca aos cidadáns para pasar páxina aos gobernos bipartitos

Imprimir ppou - 05-Outubro-2010 - 14:15:31 


Ourense, 5 de outubro de 2010.- O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, e o secretario xeral do partido e candidato á Alcaldía da cidade de Ourense, Rosendo Fernández, presentaron hoxe ante os medios de comunicación a nova fase de comunicación política do Partido Popular  "Onte por Galicia, agora por Ourense", coa que se pretende achegar aos cidadáns a mensaxe de confianza para levar a cabo os proxectos que contribúan a rematar co desgoberno dos bipartitos, que tanto dano teñen ocasionado social e economicamente aos concellos galegos. Esta nova etapa de comunicación vai no camiño para acadar os gobernos municipais dos concellos ourensáns nas eleccións de maio de 2011.    

Manuel Baltar lembrou cómo os cidadáns galegos lle deron a volta á situación política e cambiaron 43 meses bipartitos "de gastos, dobres liderados, ausencia de programa e liortas permanentes por un executivo unido, austero e con criterio, o necesario nun contexto de crise económica como o actual". Manuel Baltar sinalou que nas eleccións municipais de 2007, que deron paso ás 60 alcaldías populares da actualidade, o PP gañou tamén en 14 concellos onde a "coalición de perdedores" (PSOE e BNG) impediu que gobernara a forza política popular, a preferida polo electorado.

O presidente provincial subliñou que eses 14 casos foron e son motivo constante de crise institucional, ausencia de proxectos e puros intereses partidistas. Gastos millonarios consecuencia do "reparto do pastel" entre socialistas e nacionalistas, "liortas permanentes e ingobernabilidade son o contrario da aposta popular: única e cun programa cumprible, elaborado en base ás achegas dos cidadáns".

Pola súa banda, Rosendo Fernández, candidato á Alcaldía de Ourense, lembrou que Ourense leva catro alcaldes en catro anos (un socialista e tres nacionalistas) "cun goberno incapaz e caracterizado polos ceses de directores xerais e falta de planificación en temas clave como a chegada do ave, o termalismo ou o solo industrial, e con gravísimos problemas xudiciais que repercuten na imaxe do Concello de Ourense e dos seus cidadáns".

Fernández anunciou que iniciará unha rolda de encontros sectoriais con colectivos, entidades públicas e asociacións para facer un programa de goberno "crible e realizable", completando así os encontros cos veciños que leva desenvolvendo nos últimos meses. Rosendo Fernández fixo un chamamento aos cidadáns para que co lema "onte por Galicia, agora por Ourense" avalíen o fracaso da alianza entre nacionalistas e socialistas e aposten pola seguridade e solidez do proxecto político popular que encabeza.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: