Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O alcalde de Carballeda de Avia prohibe unha festa e os veciños celébrana co permiso do cura

Imprimir ppou - 05-Outubro-2010 - 09:03:27 

Carballeda de Avia, 5 de outubro de 2010.- O PP de Carballeda de Avia faise eco das denuncias que lle fixeron chegar os integrantes da comisión organizadora das festas na honra a San Miguel, patrón da parroquia de Carballeda de Avia. "Os membros desta comisión denunciaron o incomprensible comportamento "despótico e autoritario" que con eles tivo o alcalde socialista do concello, Luís Milia, á hora de negar os permisos para a celebración dunha tradicional romaría na honra a San Miguel", explica Lorenzo González, portavoz do PP en Carballeda de Avia.    

Afirma o voceiro popular que cando os membros da comisión solicitaron os permisos para facer esta celebración na Alameda do pobo, tal e como se fixo sempre até datas recentes, atopáronse coa negativa do alcalde, que alegou problemas de seguridade para non dar o permiso. Finalmente a comisión tivo que acudir ao párroco do pobo para que permitise facer a festa no adro da Igrexa, terreo privado que pertence ao Bispado. Foi grazas a este último recurso, e á colaboración do párroco que finalmente se puido realizar a festa o pasado día 29 de setembro.

"Esta actitude do alcalde e dos membros da corporación que o apoian resulta vergoñenta e hipócrita, xa que se a Alameda non reúne as condicións de seguridade para a realización de actos públicos, non se pode entender que se permita a instalación, unha vez ao mes, dos establecementos da feira nese mesmo lugar", afirma Lorenzo González.

Considera o PP que non existe explicación á imposición de tantas trabas e reparos á celebración desta festa, que só buscaba recuperar unha tradicional romaría que fai mais de 60 anos que non se realizaba. "Tristemente comprobamos como, unha vez mais, o alcalde atenta contra as tradicións e costumes propios dos nosos veciños. Poida que non fose igual se o alcalde tivese, ademais dun vínculo económico, algún vínculo familiar ou persoal co noso pobo", explica o voceiro popular.

O PP agradece e apoia aos cidadáns de Carballeda de Avia, porque queren recuperar as tradicións que nos son propias e que enriquecen a nosa convivencia veciñal, e condena que as autoridades políticas responsables do goberno municipal empeñadas en evitar que isto suceda unicamente por capricho e egoísmo", afirma Lorenzo González.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: