Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Comité de Campaña do PP de Ourense Cidade ultima a preparación dos actos de precampaña e campaña das Eleccións Europeas

Imprimir ppou - 14-Abril-2014 - 18:53:25 

  • Este equipo de traballo está coordinado co Comité de Campaña Provincial, o primeiro de Galicia en ser constituido, o pasado mes de decembro

 
Ourense, 14 de abril de 2014.- A sede provincial do Partido Popular de Ourense acolleu esta tarde unha reunión de traballo do Comité de Campaña da Cidade, destinada a ultimar os actos correspondentes á precampaña e campaña das Eleccións Europeas do vindeiro mes de maio.

  Este equipo de traballo desenvolve a súa actividade en coordinación co Comité de Campaña Provincial, o primeiro de Galicia en ser constituido, o pasado 18 de decembro de 2013. Todo o peso da organización, preparación e desenrolo da campaña que levará a cabo o Partido Popular de Ourense pasará por este Comité de Campaña, en coordinación co específico da cidade, reunido hoxe e no que están integrados todos os membros do Grupo Municipal do PPOU no Concello de Ourense.

 
Os integrantes do Comité de Campaña do PPOU na Cidade son:

 

- Responsable Político: Rosendo Luis Fernández Fernández

- Coordinadores de Campaña: Jorge Pumar Tesouro (coordinador a nivel provincial) e Aurelio Gómez Villar

- Xerente de Campaña, responsable de Medios e Publicidade: Luis Vergara Gómez

- Responsable de Formación (apoderados e interventores): Belén Iglesias Cortés

- Responsables de Mobilización Electoral: Miguel Abad Vila, José Luis Valcarce Baiget e María Amelia Fernández Rey

- Responsables de Voto por Correo e CERA: Mónica Mourelo Pérez e Rubén Salgado Blanco

- Responsable de Comunicación: Lorena Crespo Martín

- Responsables de Actos Públicos: José Araújo Fernández, José Antonio Estévez Gómez e José Manuel Rodríguez Cumbrado

- Responsables de Actos Sectoriais: Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González, Bernardino González Vázquez e Roberto Bermúdez Piedra

- Responsable de Asesoría Xurídica: María del Carmen Carballo Fernández

- Responsable de Novas Xeracións: Yolanda Barrio García

- Responsables de Novas Tecnoloxías: Patricia Domínguez Barja e Lucas Iglesias Mariño

- Responsable do Programa Electoral: Beatriz González-Tejada Jácome


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: