Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de A Veiga sitúa ao benestar do municipio como máxima prioridade

Imprimir ppou - 12-Abril-2014 - 19:07:31 


  • Juan Anta Rodríguez foi elixido novo presidente local co 100% de apoio dos compromisarios

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, pechou o 42º congreso local desenvolvido polo PPOU manifestando que "co traballo e esforzo diario, o PP de Ourense volverá a revalidar a confianza maioritaria nas vindeiras eleccións"

A Veiga, 12 de abril de 2014.- O Partido Popular de Ourense celebrou hoxe o seu Congreso Local no municipio de A Veiga, que tivo lugar no recinto feiral "O Toural". O candidato único, Juan Anta Rodríguez, recibiu o respaldo do 100% dos compromisarios que participaron nesta elección dos populares.

O novo presidente local electo, avogado de profesión e con 31 anos de idade, agradeceu esta mostra de confianza e destacou como un dos seus principais retos "reconstruir e reagrupar o partido, situando A Veiga por riba das persoas e das ideoloxías". Así, Juan Anta Rodríguez situou ao benestar dos veciños de A Veiga como máximo obxectivo nestes vindeiros anos. "E, sobre todo, non perder a ilusión de que A Veiga siga sendo o paraíso que é, conseguindo atraer xente e empresas que se establezan aquí e poder asentar poboación e riqueza no municipio".

O presidente provincial, Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local do PP de A Veiga, o número 42 dos que leva desenvolvido o PPOU nestes últimos meses. Na súa intervención, Manuel Baltar amosou o seu convencemento de que o Partido Popular voltará a revalidar a confianza maioritaria dos ourensáns nas próximas eleccións europeas, "día a día, con traballo diario e esforzo, amosamos aos nosos veciños que somos a única forza política forte e preparada para dar as solucións que demanda a sociedade".








(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: