Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O goberno socialista “ningunea” aos cidadáns de Valdeorras esquecendo as infraestruturas

Imprimir ppou - 05-Outubro-2010 - 09:01:33 


O Barco, 2 de outubro de 2010.- Olvido constante e pouco respecto polos cidadáns de Valdeorras. Así cualifica o Partido Popular as actuacións do Goberno socialista presidido por Rodríguez Zapatero na comarca de Valdeorras, a gran esquecida do Estado en materia de infraestruturas das comunicacións.    

Precisamente para reivindicar estas necesidades da comarca, o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, xunto co deputado nacional Celso Delgado, e o presidente do PP no Barco, Moisés Blanco, realizaron un acto na N-536, no punto onde debe realizarse a ligazón coa N-120 -a denominada circunvalación de O Barco-, para utilizalo como exemplo práctico do "esquecemento constante do goberno presidido por Zapatero da comarca de Valdeorras".

En palabras de Moisés Blanco, "se os orzamentos do Estado son malos para Ourense, para Valdeorras son nefastos. Son uns orzamentos que resultan un desafío para Valdeorras e os valdeorreses, e todo iso co silencio cómplice do alcalde de O Barco. Nós levaremos este tema da ausencia de investimentos do Estado en O Barco ao pleno municipal do próximo día 7 de outubro, e incidiremos especialmente no asunto da continua demora na execución da obra da circunvalación, un proxecto que abarca apenas seis quilómetros pero que axudaría a desconxestionar o tráfico na zona". 

Tanto Manuel Baltar como Celso Delgado explicaron os continuos retrasos da obra de circunvalación -máis de 6 anos-, e a nula vontade política do goberno socialista do Estado por darlle luz verde a autovía, "una infraestrutura necesaria e imprescindible para que esta comarca teña dunha vez as comunicacións que se merece", explicou o presidente provincial do PP.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: