Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Vilar de Santos urxe un cambio político no concello

Imprimir ppou - 03-Outubro-2010 - 20:19:59 


Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense, mantivo hoxe en Vilar de Santos unha xuntanza coa militancia popular para abordar a situación política nese concello. "O PP presentará unha candidatura potente en Vilar de Santos, cun programa electoral para cumprir e afastarse do fume e propaganda destas décadas de goberno nacionalista" sinalou Manuel Baltar, quen agradeceu o traballo das afiliadas e afiliados populares nese concello, nun escenario adverso e difícil dado o xeito de gobernar do BNG.

Dixo Baltar que o proxecto político nacionalista está "debilitado, desnortado e fracasado" tralo seu paso nefasto polo executivo autonómico, e cunha perda constante de apoios que ninguén pode negar. Na xuntanza o concelleiro popular Roberto Carlos Gómez Nogueiras explicou as duras condicións nas que se desenvolve o seu traballo político, e a necesidade de ilusionar ao electorado cunha nova forma de facer político "que abra as portas do concello para que corra o aire e que Vilar de Santos non siga sendo o reino da intransixencia".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: