Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP lamenta o dano que o alcalde socialista condenado por prevaricación lle causa ao Concello de Punxín

Imprimir ppou - 02-Outubro-2010 - 17:56:29 

Ourense, 2 de outubro de 2010.- O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirma que os veciños de Punxín non mercen padecer o dano ocasionado ao seu concello polo alcalde socialista condenado por prevaricación.
 
Ao respecto da sentencia firme que condena ao rexidor municipal de PSOE, Alfredo Cruz Gago, a 8 anos de inhabilitación especial por un delito de prevaricación, Manuel Baltar manifesta que o único que fixo este alcalde durante a súa etapa "foi xenerar noticias que mancharon a imaxe do concello e dos seus veciños", e sinala o presidente provincial do PP que a conducta do alcalde "foi moi criticada dende o principio da lexislatura e remata agora con esta condena por prevaricador".
 
"Dende o Partido Popular facemos unha chamada á responsabilidade e á dignidade das persoas e tamén aos cidadáns, para que reaccionen con contundencia criticando estes comportamentos noxentos, que tanto mal ocasionan á clase política e á sociedade á que representan", afirma Manuel Baltar.
 
Neste senso, a aposta programática, e a candidatura, que o PP presentará nas vindeiras eleccións municipais terá como principal obxectivo a rexeneración democrática e a recuperación de imaxe e credibilidade dun concello, como o de Punxín, ao cal o alcalde socialista agora condenado fixo tanto mal.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: