Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar asegura que O PP de Ourense está perfectamente preparado para a cita electoral de 2011.

Imprimir ppou - 26-Septembro-2010 - 11:25:37 

O líder popular ourensán, Manuel Baltar, participou hoxe (25/09/2010) na romería que organizou a súa forza política en Silleda e á que asistiron máis de doce mil persoas. Na súa intervención tivo un recordo para os emigrantes galegos, aos que tivo a oportunidade de saudar personalmente na viaxe que o levou os últimos oito días a Bos Aires e Montevideo. Baltar reivindicou o orgullo "de pertencer a un partido que fará unha España máis forte onde as nacionalidades históricas como Galicia desenvolvan ao máximo o seu autogoberno", un proxecto político "que ten que marcar as pautas do novo estatuto de autonomía", pois, segundo dixo Baltar, tres son os piares fundamentais de Galicia : "unha terra, un pobo e unha fala".
O presidente ourensán criticou a quen só pensan en pactar con outras forzas para impedir que goberne a lista máis votada. "O noso pacto é un PACTO CON GALICIA, coa terra que estamos pisando, coa fala dos avós que temos mortos, con todo o que nos distingue e identifica".
Nun discurso fondamente galeguista, Manuel Baltar, proclamou a responsabilidade, a moderación e "o sentidiño" do PPdeG fronte á improvisación e radicalismo doutras opcións. O dirixente popular vaticinou o triunfo electoral popular nas vindeiras eleccións de maio de 2011, un triunfo que merece Galicia, a quen definíu como "un pobo traballador e creativo", que é quen de "transitar polo mundo con autoestima e dignidade, orgullosos da nosa língua e da nosa cultura e tradicións".
(Más fotos en Galería de Imágenes)


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: