Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Dereitos electorais, sanidade e comunicación centraron a reunión de Manuel Baltar co Comité de Dirección do PP de Arxentina

Imprimir ppou - 23-Septembro-2010 - 17:47:25 


Ourense, 23 de setembro de 2010.- O presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe co comité de dirección do PP de Arxentina, na súa sede da rúa San Jose de Bos Aires, para abordar a temas da actualidade política galega e arxentina. O presidente do PP arxentino, Fernando Lopez Pereira, elixido no congreso celebrado en Bos Aires o pasado mes de marzo, agradeceu a Manuel Baltar a súa visita, na que estivo acompañado polos membros do comité de dirección do PP de Ourense Miguel Santalices e Jorge Pumar.    

Na que foi a última xornada da viaxe que Manuel Baltar realiza por Arxentina e Uruguai, o presidente provincial do PP de Ourense analizou cos directivos populares en Arxentina as últimas noticias relativas aos dereitos electorais dos emigrantes, así como temas de nacionalidade e cuestións relacionadas coa asistencia sanitaria e social da colectividade galega.
Manuel Baltar, quen xa visitara a sede popular bonaerense en decembro de 2008, propuxo crear fórmulas de colaboración co PP de Arxentina, explotando ao máximo as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías. O PP arxentino ven de presentar o seu novo portal web, un vehículo de comunicación interrelacionado coa nova web do PP ourensán, creada dentro da Area de Intelixencia Tecnolóxica da formación política que preside Manuel Baltar.
"Non podemos desaproveitar os avances da sociedade do coñecemento, nin as beneficiosas consecuencias que trae consigo para a obrigada conexión entre os galegos que residen en Galicia e os que viven fóra. Hoxe as distancias supéranse apertando unha tecla", afirmou Manuel Baltar.   
Pola súa banda, Fernando Lopez Pereira encomiou o traballo que está a desenvolver o PP de Ourense, coñecido polos populares arxentinos grazas á difusión da súa actividade no portal web www.ppou.es.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: