Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar promove que os emigrantes ourensáns en Bos Aires dispoñan de facilidades para actividades culturais e sociais

Imprimir ppou - 22-Septembro-2010 - 17:29:23 

Na súa xira por Arxentina e Uruguai, o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe na Xefatura do Goberno de Bos Aires co director xeral de Relacións Institucionais do Goberno da cidade de Bos Aires, Claudio Avruj. No transcurso da entrevista, Baltar solicitoulle a Avruj que a colonia de emigrantes ourensáns dispuxese de maiores facilidades de acceso ás actividades culturais e sociais organizadas polo goberno da cidade, en concreto os programas "Buenos Aires Celebra", "Teatro pola diversidade" e "Transparesencia 2010", eventos de gran interese para a colectividade galega en Bos Aires.
Asemade, Baltar e Avruj acordaron estudar formulas de colaboración para aproveitar a rica experiencia dos ourensáns residentes na capital porteña, e deseñar campañas divulgativas da aportación ourensá e galega á singular personalidade da capital de arxentina.
Manuel Baltar foi convidado a asinar o Libro de Visitantes Ilustres de Bos Aires, e repasou con Claudio Avruj temas de actualidade política internacional e de Arxentina e España, intercambiando datos sobre perspectivas económicas e sociais. 

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: