Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Conferencia de Manuel Baltar na Universidade Interamericana de Bos Aires sobre o "Desenvolvemento político de Galicia"

Imprimir ppou - 21-Septembro-2010 - 16:05:35 

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, impartiu hoxe unha conferencia na Universidade Aberta Interamericana de Bos Aires, sobre o "Desenvolvemento politico de Galicia". Na súa intervención ante douscentos estudantes arxentinos e profesores, Manuel Baltar describíu a distribución competencial entre as diferentes administracions publicas españolas, e destacou o alto grao de autogoberno de Galicia así como as perspectivas de futuro e os potenciais económicos de Galicia. Baltar, que foi presentado polo decano da Facultade de Dereito e Ciencias Politicas, Alejandro Laje, defendeu tamén as caracteristicas da norma institucional basica de Galicia, afondando na singularidade, e personalidade, que nos aporta aos galegos contar cunha lingua propia.
Logo da sua intervencion, Manuel Baltar atendeu as preguntas que conformaron o coloquio posterior, poñendo de manifesto a importancia da "arquitectura institucional galega" e explicando a sua perspectiva sobre os debates identitarios e a importancia crucial da representacion politica.
Esta foi a cuarta etapa da viaxe que o presidente dos populares ourensáns está a desenvolver en Arxentina e Uruguai, para manter encontros coa colectividade galega, e ourensá en particular.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: