Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar reúnese con medio millar de emigrantes en Bos Aires

Imprimir ppou - 20-Septembro-2010 - 17:19:21 


O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, mantivo hoxe, dentro da axenda fixada na súa viaxe a Arxentina e Uruguai, un encontro con perto de medio millar de emigrantes ourensáns. O acto tivo lugar no Centro Salamanca de Bos Aires. Manuel Baltar, acompañado polo presidente da Casa de Ourense en Arxentina, Alfredo Enriquez, e polos membros do comite de direccion do PP ourensan Jorge Pumar e Miguel Santalices, escoitou as reivindicacions dos ourensans residentes en Argentina e atendeu as suas inquedanzas. No seu discurso, Manuel Baltar recoñeceu o gran labor que os ourensáns están a facer na diáspora "porque fan Galicia todolos días en calqueira parte do mundo onde estén, e nós temos que corresponderlles, e por iso comprométome a seguir defendendo os seus intereses". Baltar lembrou que no comite executivo do Partido Popular de Ourense existe un área "fundamental e específica" que é a da Emigración, "onde se canalizan politicamente as suxestions e propostas que nos transmiten os milleiros de ourensáns espallados polo mundo adiante". Neste senso, agradeceu os comentarios e peticións que chegan dos residentes ourensans no exterior a traves do portal web do PP de Ourense (www.ppou.es), "un labor de comunicación básico que permite unha conexión cos cidadans, algo indispensable para a mellora do traballo politico e para o benestar dos nosos veciños que residen no exterior".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: