Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar afonda en Uruguai os lazos coa comunidade ourensá

Imprimir ppou - 19-Septembro-2010 - 21:54:50 

O presidente do Partido Popular de Ourense e vicepresidente do Parlamento, Manuel Baltar, mantivo en Montevideo (Uruguai), xuntanzas con colectivos de galegos emigrados naquel país. Como presidente do Partido Popular de Ourense reuniuse tamen coa directiva do PP de España en Uruguay, coa sua presidenta, Esperanza Romariz, á cabeza. A actualidade politica internacional e española centraron boa parte dese encontro.
Manuel Baltar estivo taméen no Centro Ourensán de Montevideo, unha institucion creada en 1946 e que segue mantendo fortes lazos de identidade coa nosa provincia. A situacion dos ourensans en Uruguay, os seus proxectos e necesidades, quedaron de manifesto nunha reunión coa dirección desta institución, referente da comunidade española nese país.
Manuel Baltar prosigue estes días coa sua axenda, que inclúe un encontro con centos de ourensans en Bos Aires; unha xuntanza con representantes do goberno municipal bonaerense, e unha conferencia sobre o desenvolvemento politico de Galicia, que impartirá na sede central da Universidade Aberta Interamericana, convidado por esta universidade.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: