Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Castrelo de Miño, preparado para gobernar de novo no concello

Imprimir ppou - 12-Septembro-2010 - 09:45:58 


O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, asistíu á reunión da Xunta Local do seu partido en Castrelo de Miño. Ante a directiva popular nese concello, Manuel Baltar agradeceu o seu traballo desenvolvido para que o PP recuperara o goberno autonómico en 2009, e os seus esforzos nas pasadas eleccións europeas. Na xuntanza púxose de manifesto o excelente estado de forma do PP en Castrelo de Miño, e a rexeitable actuación do alcalde nacionalista que goberna en minoría, cunha inestabilidade nefasta para o futuro do concello. Na reunión interviron tamén o presidente local, José Bangueses, e os membros do comité executivo provincial do PP Avelino Pazos e Jackeline Fernández, ambos pertencentes tamén á Xunta Local do PP nesa localidade.

O PP de Castrelo de Miño segue a facer un traballo que dará os seus froitos o 22 de maio de 2011, data na que voltará a ter un goberno popular, como expuxeron sen dúbidas tódolos asistentes. En 2007, nacionalistas e socialistas impediron que gobernase a candidatura gañadora, a máis votada, a popular. "Está a chegar o momento no que Castrelo teña de novo un goberno sólido, estable e con proxectos. A Xunta Local do PP leva tempo recollendo as inquedanzas e propostas das veciñas e veciños para facer un programa electoral potente que reciba o apoio masivo do electorado", dixo Manuel Baltar.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: